Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

CABALOS NA HISTORIA

Posted by pepe penas o Decembro 2, 2004

Durante moitos milenios o home cazaba ó cabalo para comelo, foi dende a Idade de Bronce cando se decatou de que tamén podería axudarlle a traballar; fixeron un pequeno trato: cousa por cousa…comida e mais vivenda por traballo; deste xeito foi como comezou unha amizade que ainda esta vixente nos nosos días. Todo foi indo ven por algún tempo, pero cando os homes comezaron a viaxar, cos seus cabalos, chegaron a sitios moi afastados, entón comezaron as pelexas..os que tiñan mais cabalos eran os que gañaban…nin tan siquera poñian un pé na terra para esnaquizar os inimigos. Destes tempos de guerra houbo moitos cabalos que foron tan coñecidos coma os seus amos: Bucefalo, cabalo de Alexandro Magno, polo visto durou trinta e oito anos, os mesmos co amo; Babieca pertenceu o Cid Campeador, disque durou corenta anos; Estrategos, atravesou os Alpes co seu amigo Anibal; Othar,era de Atila, segúndo amo: onde poñía as pegadas endexamais medraba a herba; Genitor foi de Julio César; Incitatus, tivo a desgracia de pertencer o tolo de Calígula…unha vez seica perdeu unha carreira, e foi condenado a morrer pouquiño a pouco; Rocinante, xunto a Dn. Quixote levou unha morea de golpes e perdeu moitas batallas…unha das piores foi pelexando cuns malparidos xigantes que dempois de darlle unha boa malleira vestironse de muiños de vento para deixalos mais avergoñados…Rocinante era un cabalo ben guiado, o que fixera o seu amo…sempre estaba ben feito ainda que a miudo non o semellara; outro moi coñecido foi o Cabalo de Troia, este fixoo Ulises…encheuno de soldados e mandoullo coma si fora un agasallo os troianos…cando lle abriron as portas, caballos.jpgsairon os soldados e mallaron neles canto quixeron .
¿Que dicir dos cabaliños de madeira que ian pola festas?, lembroume nas Cruces pola romaria da Piedade, tiñan que afincarlle os rapaces para que andiveran arredor..non subian nin baixaban…custaban unha peseta…eran cabaliños para nenos pobres; cando fun para Santiago xa eran doutro xeito…andaban soios, subian e baixaban…daban menos voltas…e tamén custaban mais cartos…eran cabaliños para nenos da ciudade. Non poido esquecer as bestas..houbo moitas que non sairon nos libros da Historia, pero delas lembramonos os que fomos nenos nas aldeas: A Potra, A castaña, A Pedresa, A Vella, A Rubia…cada neno coñecía o nome das que tiña mais preto del.
James Watt(1736-1819) fixo moitas melloras na máquina de vapor, vendo os pobres cabalos como traballaban nas minas tivo a ocorrencia de medir o traballo que facían,e ó que facía un deles, chamoulle Cabalo de Vapor…hai máquinas tan traballadoras que polo visto teñen tanta forza coma unhos centos de cabalos xuntos.
Heraclio Fournier inventou a baralla española no ano 1868, deronlle un premio na Exposición Universal de París; este bo home lembrouse dos cabalos e mesturou coas otras cartas o Cabalo de Copas, o de Ouros, o de Espadas e o de Bastos. ¡Cantas partidas de birisca, de tute, da escoba…terán gañado e gañarán namentras o mundo sexa mundo e haxa xente que queira xogar coas cartas….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: