Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

OS DEREITOS DO NENO

Posted by pepe penas o Decembro 3, 2004

dianeno.jpg
Atopei este cartel do ano 1979 no que se fala dos dereitos do neno; dende aquela xa pasaron vintecinco anos pero ainda hai moita xente no mundo que a miudo esqueceos.
DECLARACION UNIVERSAL DOS DEREITOS DO NENO
  1. Istos dereitos serán recoñecidos a tódolos nenos sen excepción algunha por motivos de raza, cor, sexo, lingua, relixión, opinións políticas ou doutro xeito.
  2. O neno terá unha protección especial para que poida desenvolverse fisica, mental, moral, espiritual e socialmente.
  3. O neno ten dereito dende o seu nacemento a un nome e a unha nacionalidade.
  4. O neno terá dereito a medrar e desenvolverse con boa saúde e  gozar de alimento, vivenda, lecer e servicio de sanidade.
  5. O neno impedido ten que recibir o tratamento, a educación e coidados especiais que o seu caso require.
  6. O neno, para o desenvolvemento da súa personalidade, comprelle  amor e comprensión. Ten que medrar o achego e baixo a responsabilidade dos seus pais.
  7. O neno ten dereito a recibir educación, que será de balde e obrigatoria.
  8. O neno terá que figurar entre os primeiros que reciban protección e axuda en tódalas situacións.
  9. O neno deberá ser protexido contra todo xeito de abandono, crueldade ou explotación.
  10. O neno será protexido contra a discriminación racial, relixiosa ou de calquera outro xeito.
Agora que está a chegar O Nadal e  Aninovo, quizaís sería unha boa cousa dicirlle os nosos nenos que lle pidan o Papá Noél e mais os Reís Magos que enchan o mundo de carteis coma este.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: