Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

AMIZADE

Posted by pepe penas o Decembro 14, 2004

amigos.jpg
Fermosa palabra que atopas no diccionario, non hai que remexer moito para achala; se comezas por onde se comezan a ler os libros deseguida bates con ela; anda con moito tino, a míudo a que che aparece diante dos  ollos non é a que ti andas procurando: tén o nome de "amizade"..pero o mellor que podes facer e pechar os ollos e pasar a folla…namentras fas iso poida que diante de ti apareza a amizade que sae do corazón; a outra esquecea, non hai dubida de que e unha desas que comezan a casa polo tellado, e dicir: empezan na cabeza…para que sexa das boas ten que sair do corazón.
Cando a miña filla comezou a ir a escola, xa  pola metade do curso, non quería levar nada  para comer cando saían o recreo…non houbo xeito de acadar que o fixera;  había unha nena coma ela que sempre estaba soiña, non xogaba con ningúen; un día Marta preguntoulle se quería  xogar; e dende aquela comezou unha fermosa amizade entre  ambalas dúas. Un día chegou a casa diciendo que había unha nena que lle daba un bocadillo todolos días; a miña muller coñeceu a nai desta amiga da miña filla, polo visto dicíalle  que se non lle daba algo para Marta ela tampouco non quería nada….iso é amizade.
Aló polo ano mil novecentos vinte e tantos a nai  de Isabel, unha amiga da miña muller, tiña un vestido novo que  quería poñer o día dunha romaría….pero por mala sorte non tiña zapatos.  Unha amiga súa  ia a estrear vestido e máis zapatos;  a nai da nosa amiga non quería ir descalza; a súa compañeira, dando un exemplo de amizade, dixolle:
Ti non tes zapatos…pois eu quito os meus e imos as dúas descalzas…..iso é amizade.
Todalas las persoas que deixan dito que o día que morran donan o seu corpo para axuda de outros..está poñendo a amizade moi alta….están dando sen tan sequera saber a quén…Isto tamén e  AMIZADE..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: