Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 21 Decembro 2004

CARMIÑA

Posted by pepe penas o Decembro 21, 2004

carmen.jpg

Esta cantíga aprendina en Monte La Reina, Zamora, cando fixen o servizo militar…e para todalas Carmiñas….tamén para Muralla

Carmiña si vas o prado
pecha ben a portilleira
que hai un touriño bravo
que quere entrar
na pradeira.

Que hai un touriño bravo
que quere entrar
na pradeira.

Fun a casa de Carmiña
e biqueina na lareira

doume unha pucha de figos
que foi coller a figueira
doume unha pucha de figos
que foi coller a figueira.

Dame Carmiña un bico pequeno
non cho dou queridiño
teñoche medo
teñoche medo…

Si non mo das Carmiña
xa non te quero.

Posted in Cousas da terra | Leave a Comment »