Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

COUSAS QUE ME DICIAN

Posted by pepe penas o Xaneiro 29, 2005

Cousas que lembro de neno e non me gustaban

Esta non me gustaba porque xa estaba hasta os c….. de sentir sempre o mesmo.

Pepe repepe camisa cagada
foi a Bandeira lamber a pescada
lambeu e lambeu e nunca se encheu
Caeu no borralla e ardeulle a miringalla
Caeu nos tizóns e arderonlle os c…..

Ista non me gustaba porque non era quen de volver a dicila cando me mandaban que a repetira.

Díxolle a perdiz o coello
¿que fas ai bombello?
¿que fas ai perdiz?
díxolle o coello

Ista non me gustaba porque se eu dicia doce….mofabanse de min …. seica só eran catro….estes cabróns agocharonme os outros oito, coidaba eu.

Nun tellado hai catro gatos
cada gato mira a tres
¿cantos gatos ven a haber?

Ista non me gustaba cando ma dicía a miña avoa…pero canto mais ia medrando, funme decatando de que non era cousa mala.

Pepe Penas
amigo das nenas

4 Respostas to “COUSAS QUE ME DICIAN”

  1. Dende que cheguei a Santiago meu Manuel di todo o tempo:
    “O cariño que che teño
    e mais o que che hei de ter
    colle na folla do toxo
    e ainda no ha de encher”.
    Desexo que o seu toxo medre moito

  2. Ja,ja,ja O que me rin!!!! Menos mal que por fin atopache unha que che gustou. Pillabán.
    Bicos. Muralla.

  3. meu pai gostava muito disso: de nos arreliar com “travalenguas” e de travalenguas. Só nos deixava em paz quando mostrávamos já ter idade e fôlego para repetir sem erro: “num ninho de mafagafos tem três mafagafinhos…” ou a clássica: o rato roeu a roupa do rei de roma” .
    Era uma espécie de rito de passagem fonético, né?

    abraços

  4. Excelente la de los gatos. Intentto recordar una piano piano se va lontano. Con ella me machacaba mi abuela piamontesa e inmigrante. Un saludo Pepe
    juan re

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: