Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

LAVAR AS MANS

Posted by pepe penas o Febreiro 3, 2005

Case sempre escribir e mais doado do que aparenta…vede o que se pode facer co suor do de enfronte e non co suor da túa fronte
guantes_1.jpg
Cando soubo onde lle apretaba o zapato doulle por poñer as botas, puxo os puntos enriba das íes, puxo as máns no lume, cambiou a chaqueta, atou os trebellos, brillou pola súa ausencia sen decir "auga vai", colleu a ocasión polos pelos, dixo verdades de Perogrullo, cargou co morto, colleu o ouro e mailo mouro, dourou o comprimido, comezou dando paus de cego, dou gato por lebre, dou no cravo, deronllas con queixo, meteuse en camisas de once varas, fixo as contas do Gran Capitán, dixo que lle gustaban as cousas craras e o chocolate mesto, colleu o anaco do león, comeu de moca, dixo que tiña unha vista de lince e cando foi a Sevilla non ollou moros na costa, sempre se vestía a modiño porque tiña presa, coñeciano ata os cans, sempre estaba en babia, a míudo dicía: "Viva la Pepa", sempre ia de punta en branco, tiña mala sombra, botou bágoas de crocodilo e antes de morrer lavou as máns….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: