Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

TECNOLOXIA PUNTA

Posted by pepe penas o Febreiro 12, 2005

Moitas veces cando me poño a ollar retratos antigos vexo cousas que no seu tempo foron verdadeiras innovacións; hai inventos que xurden cando a necesidade e meirande e veñen a facernos a vida un pouco mas levadeira; vexamos este cuarto de baño portátil: bañeira dunha soa peza, cor branco, e con capacidade para lavar un neno de cada vez. O depósito-billa, tamén david.jpgportátil, con unha asa para collelo, e de cores variados. Estes cuartos de baño  teñen a vantaxe de que se axeitan con moita facilidade a calquera ambiente, interior ou exterior, no inverno podense poñer a carón da lareira ou poñelos mesmo  a beira do berce para ir lavando o neno namentres esperta; no verán podense poñer na eira ou  nun porral, e mentres colles unhos tomates podes ter o neno metido na auga, isto  semellase o que se chama lavado automático. Precisamente de este xeito de poñer as bañeiras fora da casa foi, segundo contas os mais vellos, de  onde saeu a idea para facer as modernas piscinas portátiles. Neste retrato podese ver o meu primo David tomando o  baño no medio da natureza, foi feito en Ollares, pero o mesmo puido ser en Dorvisou, en Cumeiro, en Duxame, en Ferreirós……ou en calquera sitio onde houbera un neno que tivera gana de poñer a barriga o sol nestas piscinas que comezaron a aparecer cando non había maneira de ter as que saían nas peliculas  que vían os ricos…..a xente a que o arado soaballe a cousa de romanos…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: