Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

PERDER

Posted by pepe penas o Febreiro 16, 2005

Para non erguerse tarde a mellor cousa e non deitarse.
Se non me deitara onte hoxe non me tiña que erguer e tampouco tería nada que perder.

Hoxe erguinme tarde e perdín o costume de madrugar.

Pola culpa de non madrugar perdín o autobús.

Cando perdín o autobús tamén perdín a pacencia.

Cando perdín a pacencia rematei perdendo os nervios.

O perder os nervios perdín o sentido.

O perder o sentido non me lembrei que tiña que ir a traballar.

Por non ir a traballar perdín o emprego.

Tiven un mal día…rematei tan esgotado que me deitei a dormir…xa estaba canso de tanto perder…cando atopei con Pedro Chosco, persoaxe que polo visto aparece cando os nenos teñen sono, levei un gran ledicia: atopei unha cousa que non ia a perder: ¡¡non ia a perder o sono!!…pero como non hai ben que por mal non veña…tiven a derradeira perda do día: estaba a perder a opurtunidade de estar esperto….quixen abrir os ollos…pero Pedro Chosco baixoume as pálpebras e púxolle esparadrapo para que non os abrira. O día seguinte erguínme cedo….mal comezo o día, dixen para mín, non é o meu día de sorte: perdín a oportunidade de erguerme tarde….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: