Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

OPOSICIONS

Posted by pepe penas o Febreiro 25, 2005

Falar de oposicións e algo que se sinte a cotío; os nosos fillos pasan media vida a estudiar, e cando rematan o que coidaban que sería o seu oficio para sempre atópanse con que non teñen traballo; e unha profesión con un nome moi bonito, pero somentes iso, o nome..¿non será xa o tempo de que nos poñamos todos o carro, e haxa alguén que teña a  ideaoposicion.jpgde preguntar na industria que é o que ten que aprender  a xente para poder traballar?. Facemos mèdicos, enxeñeiros, avogados, arquitectos,… e cando rematan a carreira comeza a peregrinación a procura do primeiro traballo. Con un afervoamento e forza coma  si foras Supermán pasalo día escribindo curriculos e gastando cartos en sellos para mandalos, mandas centos deles coa esperanza e o desexo de que alguén te chame; pasa o tempo e comezas a cavilar que quizais elexiches mal e vai ser mellor que prepares unhas oposicións. Vaste decatando de que son moitos os que coma ti empezan a perdela fé…hai que seguir estudiando para ser un bo opositor, é tal a cantidade de xente que se presenta que ata hai sitios que che aconsellan  non usala violencia para poder aprobar, coma a foto que aparece neste post,…outros recomendanche tecnicas especiais para  ser un opositor con moita serenidade.
Algún día serán as cousas doutro xeito…se non cambian vai a ser mellor que os políticos, en vez de  de ser elexidos cos votos dos ciudadáns, teñan que facer oposicións para gañar o seu posto de traballo…Quizais cando sintan no seu corpo o "mal da oposición" fagan algo para arranxar o país no que nos tocou nacer…Menos …."Y TU MAS", e maís obras…seica as obras son amores….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: