Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 27 Febreiro 2005

A MORTE

Posted by pepe penas o Febreiro 27, 2005

Veño de ler un post dun amigo no que fala do seu primeiro encontro coa morte, estandoo a ler veume a cabeza o que eu lle podo chamar tamén o meu encontro coa muller da gadaña; sendo un neno vin a morte mais dunha vez, pero coido que nesas ocasións non fun capaz de recoñecela.  Eu non olleí ningunha escea que me quedara mesturada coas miñas lembranzas, o meu foi  doutro xeito…sentín falar da morte dun rapaz que nin tan sequera coñecía; lembrome cando estudiaba Bacherelato en Santiago dun ano en que houbera unha gripe moi forte, coñeceuse como nome da asiática, tan forte fora que cada día que pasaba era moi estraño que non faltaran da túa clase dous ou tres rapaces; nun deses días alguén dixo que morrera un alumno de terceiro,  somentes dixo un apelido, eu non o coñecía nin en figura nin polo  nome …pero tal foi a impresión que me causou e tan gravado me quedou no sentido que ainda hoxe cando sinto falar da gripe…lembrome do apelido daquel mozo que ia o mesmo colexio ca min. Roberto Zucco e o amigo que me deu pé a escribir o que xamais esquecín dende que o souben.

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »