Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Febreiro 2005

TOUROS EN DORVISOU

Posted by pepe penas o Febreiro 2, 2005

Nestes intres non vou a descubrir ningunha cousa nova se digo que en Dorvisou houbo touros no século pasado, estou a falar do XX, o que lea isto pensará que estou tolo, que me entra moita auga polo tellado, e que se me mollan os miolos de tal xeito que cando vexo vermes, digo que son serpes, e cando non vexo pepeganadero.jpgnada e coma se vira todo xunto. O caso e que ollando os negativos que me regalara o meu tío Armindo atopei esta foto que da fé de que non estou a contar mentira. A primeira ollada coidei se sería unha montaxe, pero …non…non..non podía ser…nos tempos do meu tío ainda non se inventará o Photoshop, e cando eu era neno tampouco; non era unha montaxe..era verdade. Vendo o que se ve a cotío na TV coidei que podería ser un pousado, o un pousado roubado, ou non sei que historias desas que dí a xente para que ninguén saiba que lle pagaron por deixarse retratar. O retrato e de verdade coma a vida mesma.. Xa no tempo do meu bisavó, na casa onde eu nacín, houbo o que lle chamaban unha parada; había un cabalo e un touro que eran sementales. Do cabalo non teño ningún retrato, pero teño  un libro, do ano 1926, onde se rexistraba o nome das mozas que ian a visitalo: Linda. Morita, Cuca, Lucera, Careta, Estrella, Castaña….unha morea de bestas que tiveron fillos de Noble, esa era o nome do cabalo. O neno que está preto do touro e Pepe Penas, que está tentando  dedicarlle os espectadores a faena que ven de rematar.

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

FAR WEST

Posted by pepe penas o Febreiro 1, 2005

luis_vacas.jpgEsta nosa terra do Lexano Oeste ten pouca  semellanza co Far West americano; se nos fixamos un pouco nesas vacas quizais  coidemos que  teñen algo coas Texas Longhorn…..os cornos son ben grandes, poida que  teñan parentes da outra banda do Atlántico. O meu tio Luis daquela case seguro que non sospeitaba que había un sitio no Mundo que lle chamaban Texas; coma outros moitos rapaces tiña que repartir o tempo da escola coa obriga de ir coas vacas; coido que todolos rapaces que nacemos neste Lexano Oeste da terra que lle chaman España aprendemos a ler, e tamén a coidar das vacas; non quero dicir que estiveramos aprendendo para  algún día emigrar o Far West; digo que non quero dicir e non o digo, porque a maioría da nosa xente que se foi, case toda acabaou en Arxentina, Brasil, Venezuela, Uruguay,etc.  O meu tio un día pareceulle pequeno o prado onde andaba co gando, e botándolle peito marchou do Oeste a procura de sitios onde podera facer outras cousas….Marchou para O Brasil, e alí gañou o tempo que perderá detrás da  Xovenca, da Cachorra, da Gallarda..da Marela..e de moitas mais que xa morreron, e non se lle sabe o nome porque non lle puxeron ningunha lápida cando as enterraron. Nesas novas terras que o acolleron estudiou e fixose técnico en electrónica; hoxe está xubilado e vive en Sao Paulo..xa que o Mundo e tan pequeno…dariame moita ledicia que atoparas esta páxina e souberas que no Far West, de España, ainda hai xente que te quere. Unha aperta moi grande Luis..

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »