Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Marzo 2005

¿CANTOS ANOS TEÑO?

Posted by pepe penas o Marzo 31, 2005

cousas_tronco.jpg
Se queres saber cantos anos ten unha persoa o mellor xeito de sabelo e preguntándolle… se che di a verdade, xa o sabes…. se minte, botalle a ollo.. sería moi estraño que te trabucaras en mais de cen anos. Se é unha árbore…. non cho vai dicir, porque as árbores polo visto non falan; tes dous camiños para sabelo: o primeiro e matandoo, tronzando cunha serra, no tronco ollarás unha morea de aneis, conta cantos son….. eses son os seus anos. A outra maneira de sabelo e menos violenta pero quizais non sexa tan precisa.

Posted in As fotos falan | Leave a Comment »

PAN DE SAPO

Posted by pepe penas o Marzo 28, 2005

cousas_pandesapo.jpg
¿Fungos?..¿Cogumelos?…¿Pan de sapo?.. Voulle chamar o derradeiro nome, dese xeito dicía  cando era neno; e xa se sabe: os nenos  non se lles pode levar a contra .. polo visto podes causarlle un trauma, segundo di a xente que entende desas cousas. Estaban tan xuntiños entre as herbas que semellaban o niño dun paxaro cheo de ovos. Estiven a piques de collelos para facer unha tortilla… tiven medo a morrer envelenado…nunca souben cal e o pan de sapo que se pode comer e cal non…. rematei facendolle un retrato. Se hai alguén que saiba se son de comer, podemo dicir… dende que mo digan… comereinos ou non..

Posted in As fotos falan | Leave a Comment »

VAQUEIRO

Posted by pepe penas o Marzo 26, 2005

luis_vacas.jpg
Falamos doutros tempos, España era Una, Grande y Libre… eran anos de non ter….. por non ter nin tan siquera se tiña liberdade, somentes os paxariños andaban ceibes porque podían voar. A cotío os nenos das aldeas tiñan o traballo de coidar as vacas namentres pacían, polo visto non se podía ir a escola todolos días…. había que manter o gando… a escola xa se iria…. amais tampouco era boa cousa que a xente aprendera moito. O meu tío Luis perdeu moitas horas de escola … coma moitos paisanos nosos tivo que ir polo mundo…. andando por ese mundo adiante decatouse de que a escola e mais él pouco andiveran xuntos. Rouboulle moitas horas o sono… encheu a cabeza de cousas que non sabía… das vacas lembrarase se anda por Internet e atopa este post…
Versión en castellano
Vaquero
Hablamos de otros tiempos, España era Una, Grande y Libre…eran años de esasez…,por no tener ni siquiera se tenía libertad; sólo los pájaros andaban libres porque podían volar. A diario los niños de las aldeas tenían el trabajo de cuidar las vacas mientras pacían, al parecer no se podía ir a la escuela todos los días….había que darle de comer al ganado…a la escuela ya se iría…además tampoco era bueno que la gente aprendiera mucho. Mi tío Luís perdió muchas horas de escuela…al igual que muchos paisanos nuestros tuvo que ir por el mundo…recorriendo ese mundo se dió cuenta de que la escuela y él anduvieran poco juntos. Le robó muchas horas al sueño…llenó la cabeza de cosas que no sabía….de las vacas se acordará si anda por Internet y encuentra este post…

Posted in As fotos falan | 1 Comment »

NO GORDIANO

Posted by pepe penas o Marzo 25, 2005

nodeferro
Din os libros que cando Alexandro Magno atopou o nó Gordiano non tivo pacencia para poñerse a desfacelo; ainda que era xoven non lle quedaban moitos anos de vida…non podía perder o tempo a desfacer unha cousa que estaba feita con moi mala idea….Desenvaiñou a espada e meteulle  unha tallada pola metade…se atopara este… ¿sería quén de cortalo ou teria que vir o futuro a mercar unha serra..?

Posted in As fotos falan | Leave a Comment »

AURIGA

Posted by pepe penas o Marzo 22, 2005

luis_carro.jpg
Pasaron moitos anos dende que os romanos estiveron no noso país;  quizais por onde pasa este carro, un auriga, que ia nunha carreira en Roma, perdeuse e sigueu correndo ata chegar a Dorvisou. Meu tio Luis, coma si fora ese auriga, seculos despois, pasou por ese mismo camiño guiando o carro das vacas. Os nenos das aldeas, non podíamos facer carreiras coma as que facían os romanos, axudabamos a carrexar herba, esterco, estrume, castañas, trigo, millo, patacas….Cando foi meirande, fixo o servizo e alí aprendeu a guiar coches….quizais, sin que o soubera, istos foron os primeiros ensaios que tivo para  acadar o carné.

Posted in As fotos falan | Leave a Comment »

ET NA VIÑA

Posted by pepe penas o Marzo 21, 2005

cousas_etnavide.jpg
ET apareceu un dí­a pola horta, estaba moi triste..choraba..choraba; ia dicindo: mi casa..mi casa…mi casaaa. Un bacelo da viña faloulle, ofreceulle a súa amizade…tan soio se atopaba que quixo quedar alí­ para sempre. No tempo das uvas está cos ollos ben aberto vixiando para que ninguén roube os bagos.
Versión en castellano
ET en la vid

ET apareció un día en la huerta, estaba muy triste…lloraba…lloraba, iba diciendo: mi casa…mi casa…mi casaaa.Una cepa de la vid le habló, le ofreció su amistad…tan solo se encontraba que quiso quedar allí para siempre. Cuando hay uvas está con los ojos bien abierto vigilando para que nadie las robe…

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

CATERING

Posted by pepe penas o Marzo 18, 2005

A cotío escoitamos nomes de cousas que semella foron inventadas polos americanos ou os ingleses, tal e o caso de "catering",  nome que fai cavilar e quizais coides que sexa algo  importante; importante…importante, si que  é… nin mais nin menoscatering.jpgque darlle de comer a xente.
En Dorvisou cando era un neno estou ben seguro que xamais oubin a ninguén dicir "catering", falabamos galego…na escola castelán, por imperativo legal; se lle sentira a alguén dicir esa palabra non ia a saber que dicían, pero dende que fun para a cidade coñecín palabras noutros idiomas,  unha delas foi esta da que estamos a falar. Agora non me soa a cousa estrana, porque en relaidade non o é; "catering" é o que facía miña bisavoa Doores, a miña avoa Ramona, a tia Mercedes de García, a tía Adelaida da Capilla, a tía Doores do Zoqueiro, e moitas mulleres de Dorvisou, ou de Duxame, ou de Ollares, ou de Cumeiro, ou de Ferreirós…Cando ian o monte ou as leiras a levarlle de comer os da súa casa, que estaban traballando,  facían "catering". Cando a xente ia a festa do San Ramón, en Porto de Mouros, ou o Corpiño, ou a festa da Cruz, en Xosdedo, e levaban a comida….estaban facendo "catering". Cando unha moza estaba preñada e ia a facer o seu casamento,  pola mañán cediño, ainda case de noite, a xente aviabase e ia para igrexa, algunhas mulleres levaban enriba das suas cabezas unhas cestas cheas de comida para darlle os que ian o casamento ..esas mulleres estaban tamén a facer "catering". Se  lle preguntabas a alguén que atoparas con unha cesta de comida na cabeza que estaba facendo, seguro que che dicía que levaba comida para os convidados….non che falaba de "catering" porque non sabía  inglés…pero en relalidade, "catering" era o que estaba facendo…

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

SON DA CASA

Posted by pepe penas o Marzo 15, 2005

animais_sondorey.jpg
Polos da casa… andan ceibos pola horta, fan exercicio…comen o que atopan, tamén o que lle botan. Son de confianza…podense comer cos ollos pechados…. a persoa que os coida tamén os come…Son de Galiza…no mundo xa se sabe que Galiza e calidade…

Posted in As fotos falan | Leave a Comment »

FOI UN TRABALLADOR

Posted by pepe penas o Marzo 13, 2005

duxame_forito.jpg
Foi coñecido co nome do Forito do Serradoiro, un Ford 8 americano, estivo na Guerra Civil, non se soubo por cantas mans pasou….en toda a súa vida non fixo outra cousa mais ca traballar…acarrexou piñeiros dende os montes ata o serradoiro de Duxame. Moitos nenos dos arredores metemonos na súa cabina, alumiñámolo o volante, cambiamos as marchas, e fixemos: Run..Run…Ruun…Runrunnnnn…Runnnnnnn ata quedar sen folgo. Un día quixen contala a súa vida, e un bon amigo que a leu tivo a amabilidade de mandarme a foto; grazas J.I.Pérez Fijó

Posted in As fotos falan | Leave a Comment »

XUBILACION

Posted by pepe penas o Marzo 12, 2005

cousas_candaddo.jpg
Este pobre cadeado leva tempo xubilado; de cando en vez fai algúns traballos para poder levar unha vida un chisco mellor. Quedoulle un retiro moi pequeno…malpocado….traballou moitos anos sen que o tiveran asegurado…

Posted in As fotos falan | Leave a Comment »