Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A FESTA NACIONAL

Posted by pepe penas o Abril 20, 2005

Ollando esta foto teño que dicir que a miña afección os touros non foi unha cousa da  que se decataran os que andiveron o meu arredor, non esquezo que nacín nunha casa onde había moito gando, coido que daquela habia polo menos sete ou oito pepe_toro2.jpgvacas e un touro semental,  se non quero mentir direi que era un boi. A miña vida de neno tivo unha certa semellanza coa dos gandeiros que se dedican a cria dos touros de lidia, eu andaba dacabalo, levaba as vacas para o monte…mais dunha vez fuxrionme as bestas e mailas vacas..tiven que ir para a casa andando e por riba levar unha rifa coma un mundo porque o carallo das vacas foronnlle comer as berzas a un veciño sen que este lle dera permiso nin a elas nin a min. De andar no medio dos touros somentes me lembro cando ollo esta foto, sen ser un gran entendido de seguida me decato de que o touro e  mais eu nunca fixemos grandes faenas; él porque ollabame coma si fora unha formiga, e eu porque tiña un medo que cagaba por min; teño algunhas fotos mais e  en ningunha vexo trazas nin  de ser un mal toureiro nin un bo afeccionado:  sempre estou mirando de reollo e con mais gana de fuxir ca de ir a escola.
Marchei da aldea e fun para Santiago; alí comezei a oubir falar das corridos de touros polas festa do Apóstolo, no mes de xullo; nun sitio que lle chaman O Castiñeiriño habia algo semellante a unha plaza de touros, feita de madeira, na que se facían algunhas corridas;  mais dunha vez lembro ollar, polos buratos que habia nas taboas, como algún toureiro tentaba facer algo que fixera parar os berros da xente. Seguian sen gustarmen os touros…era cousa de moito barullo. Fun medrando e comezei a ver que as rapazas eran mais grandes cas que foran comigo a escola,  daba o xenio velas de guapas que se poñían; naquela plaza cada vez había menos touros..comezaron os donos a facer bailes, chamabamoslle de tranca, esto tampouco me gustou moito..había poucas rapazas…moitos rapaces… e case nunca dabas pillado unha para bailar. Xa lle estaba collendo teima as plazas de touros, se seguia indo por ese camiño xamais sería un bo afeccionado nin tan siquera un mal toureiro.
Vivin catro anos en Madrid, cando chegaba o mes de maio, a xente toleaba coa gana de que comezaran as corridas de San Isidro, eu nunca tiven o atrevemento nin tan siquera o pensamento de saber como eran. Case poido dicir que tiven a oportunidade de aprender a tourear e nona aproveitei.  Nunha pension da calle Toledo, coñecida pola a Galleguita, na que paraba xente de todolos sitios e oficios;  houbo unha tempada na que  un rapaz, que polo visto era maletilla,  polas noites saía da pensión, botabase escaleiras arriba e metíase nunha azotea,  alí ensaiaba coma se estivera pelexando con un touro deses que che fan vir a gana de fuxir coma un raio cando os miras nun retrato…pola gana que lle poñia era merecente de chegar a algo nesa complicada vida dos touros… non me fixen amigo del e quizais perdera  a oportunidade de chegar a figura; ia perdendo…Seguia sin entender de touros.
Marchei de Madrid e fun dar cos meus osos  a Pontevedra, alí tamén había, ainda hai, plaza de touros; cando os meus fillos eran pequenos, a miña muller e eu tivemola ocorrencia de  levalos a un espectaculo comico taurino, coidamos que sería una cousa liviana, e que os rapaces ianse a rir; o que non sabiamos e que nesas caralladas tamén andan a facerlle putadas os becerros, picanos, tirannle do rabo..saltan por riba deles…fanlle tantas cabronadas que os pobres dos becerros xa case non se teñen de pé. A miña filla pasouno moi mal, a milla muller e mais eu ainda o pasamos peor… eu dixen  que xamais iria os touros; as veces ten vido xente que disque son de categoría: Jesulin de Ubrique…..Palomo Linares; a verdade somentes e unha, sigo sin entender de touros, tampouco me gustan..se sei o nome dalgún toureiro e porque  sinto falar del ou vexo na TV…Confesome contigo, amigo que me estás lendo:  son un analfabeto con aleivosia e nocturnidade..non teño nin puta idea da Festa Nacional…somentes sei que os touros son os que lle fan os fillos as vacas…..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: