Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Maio 2005

XUÑO LOGO CHEGA

Posted by pepe penas o Maio 25, 2005

ence1.jpg ence2.jpg
Galiza Terra esquecida a cotío.19 de Xuño: Eleccions . Agora vanche sair moitos …moitisimos amores. Deixate querer . Nas túas mans está que saia o mellor; se non o é , alomenos que aparente selo.19 de Xuño….19 de san Xoan…en San Xoan a sardiña molla o pan.
Pontevedra todos che queren..cada quen a sua maneira. Deixa que o pobo escolla por tí…Os que gañan sempre din que é moi sabio. GALIZA FOR EVER. . GALIZA-2005

Posted in Cousas da terra | Leave a Comment »

O PAXARIÑO

Posted by pepe penas o Maio 23, 2005

A non ser que sexas moi novo tes que lembrarte, meu querido amigo, do que che dicían os meirandes cando ias con eles o retratista para facer unha foto:
¡Quietiño neno, quietiño!… ¡mira para alí que vai a sair o paxaro!
Todolos nenos,  eu tamén, eramos ben guiados… mirabamos para onde nos dicían; cos ollos mais abertos ca boca, cando tiñamos fame, sen tan siquera paxaro.jpgpestanexar;  non fora a ser o demo que nunha desas saira voando o  paxariño e non o puideramos ollar.
Teño que dicir que malia o interese que poñía endexamais puiden ollar o devandito paxaro… funme facendo meirande, e coidei que o que me dician era unha carallada para que estivera quieto, e o retratista non tivera que andar a facer mais fotos ata que me pillara a xeito. Velaquí que o outro día puxenme a fedellar coa cámara… apunteille a antena da TV… e dixen para min:   ¡mira que se neste retrato me saira unha escea de calquera cousa que ten Copyright! … ¿como lle conto a SGAE que non a piratei?…eu quizais non chegue a velo …vos non o sei…pero calquera día retratas unha antena e pillas todo o que nese intre está tentando entrar para o televisor….e cousa de rir ..¿non?…¿coidou algún dia meu tataravó que dende a súa casa podería ollar os seus irmáns que tiña espallados pola America?; él non chegou a velos, pero eu podería ver o meu tio Luis que está no Brasil. Movin a cámara un chisco para a esquerda..non tiña desexos de ter problemas legais nin de concencia…..non saiu nada con dereitos de autor…..saiu o paxariño; seino porque dempois de facer o retrato veu o meu carón e dixome: xa que a foto ia sair moi baleira coidei que podería aparecer eu nela, e o mismo tempo dicirche que cando sentías: ¡ vai sair o paxariño!, non che enganaban…o que pasaba era que eu saía tan correndo…tan correndo….que non había xeito de poderme ollar….

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

O BURRO FLAUTISTA

Posted by pepe penas o Maio 16, 2005

Anes09
Esta fabulilla,
salga bien o mal,
me ha ocurrido ahora
por casualidad.


En la flauta el aire
se hubo de colar,
y sonó la flauta
por casualidad.


Cerca de unos prados
que hay en mi lugar,
pasaba un borrico
por casualidad.


«iOh! dijo el borrico,
¡qué bien sé tocar!
¡Y dirán que es mala
la música asnal!»


Una flauta en ellos
halló, que un zagal
se dejó olvidada
por casualidad.


Sin regla del arte,
borriquitos hay
que una vez aciertan
por casualidad.


Acercóse a olerla
el dicho animal,
y dio un resoplido
por casualidad.


Anes09
Tomás de Iriarte escribeu moitas fabulas o longo da súa vida, nesta contanos o que lle pasou o burro que fixo soar unha flauta. O pobre do burro non está dacordo co que dí Tomás… él non tocou a flauta por casualidade..Tomás nunca soubo que o burro que saía na fábula era o mesmo que os irmáns Grimm coñeceran nun dos concertos que daban os musicos de Bremen….

Posted in General | 3 Comments »

O BOI

Posted by pepe penas o Maio 10, 2005

Este touro semental foi un dos que houbo na casa de Dorvisou onde eu nacín; segundo lle teño escoitado o meu avó, ia a mercalos a Palas de Rei, Lugo; polo visto era unha das mellores feiras de gando daqueles tempos. Lembrome que viñan homes de moitas aldeastoro_semental.jpg dos arredores.. de Ferreirós, de Duxame, de Arnego, de Carbía, de Cumeiro, de Larazo, de Brocos…. traían as suas vacas, para que quedaran preñadas e tiveran un becerro fermoso… o telo ben criado levabano a feira das Cruces, a da Arzúa ou a da Bandeira…ese día comían o polbo, mercanban unhos zocos, fouciños, azucre…aceite, unha morea de cousas que era preciso ter na casa. Lembrome dunha tempada que estiven en Ollares, a terra onde naceu a miña nai, da ansia que tiñamos os nenos de que chegara a noite cando era feira na Bandeira.. Meu tio Rodrigo traía un peixe que lle chamaban sable…era un peixe de pobres, pero os nenos toleabamos por comelo. A nosa avoa Asunción, coas suas mans e o  agarimo que lle poñía, facía que aquel peixe largo e esmagado coma se estiveran a darlle cun mallo, aparello para quitarlle o gran as mazarocas de millo, souberanos millor ca moitas cousas que polo visto comian os que tiñan moitos cartos e tempo para gastalos; porque nas aldeas cartos habia poucos ,  sitios para gastalos case non se atopaban, e tempo non había..era preciso gastalo arrincandolle os cartos a terra..

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

A VIVENDA

Posted by pepe penas o Maio 6, 2005

No mes de abril deste ano houbo un pequeno ruxe ruxe…polo visto alguén dixo que os españois podiamos ter vivendas de vintecinco metros cuadrados; eso caracol00si: sitio para lavar a roupa..andar polos pasillos e outras cousas farianse fora da casa, serían de uso comunitario..
Polo visto non e unha cousa tan estraña, nos paises nórdicos xa fai moito tempo que hai  casas deste xeito ,segundo dixo a ministra da vivienda; así de supeto coidei que non era nada doado, pero dando un paseo pola horta da miña sogra olleí duas esceas que me fixeron cavilar e a dubida comezou a darme voltas pola miña cabeza. Os caracol01caracois xa fai millóns de anos que arranxaron o problema da vivienda, tan ben o fixeron que acadaron ter casas mais pequenas cas que dí a ministra, cando nacen xa teñen o seu fogar posto o lombo, o facerse meirandes non teñen problema, a casa vai medrando canda eles; os vintecinco metros xa sería moito para eles.
Se os caracois acadaron ter vivenda dende que nacen…¿por qué o home non o pode facer tamén?. Nos tempos en que España foi a reserva espiritual de Occidente os nenos naciamos con unha cartilla de aforros aberta na Caixa Postal…¡que magoa!..¡como se perden as boas costumes dos malos tempos!….

Posted in General | Leave a Comment »

AS ROIBAS

Posted by pepe penas o Maio 1, 2005

mazas02.jpg
Estás mazás quizais foran de Dorvisou, ou de Arnego o de Xosdedo…podían ser de calquera aldea de por alí; non foron sempre roibas coma agora, antes eran algo amarelas e moito maisflacas. Un día oubiron falar a unhos mozos, da casa onde elas naceran; sentironlle dicir que foran o cine das Cruces e ollaran unha pelicula que se chamaba: LOS CABALLEROS LAS PREFIEREN RUBIAS. Tanto lles gustou o que dician os rapaces que falaron cun home que facía inxertos, falaron moito…moito..tanto falaron que acadaron que o bo do home fixera delas unhas boas mozas coma as da pelicula..

Posted in Cine na rúa e novas | Leave a Comment »