Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 6 Maio 2005

A VIVENDA

Posted by pepe penas o Maio 6, 2005

No mes de abril deste ano houbo un pequeno ruxe ruxe…polo visto alguén dixo que os españois podiamos ter vivendas de vintecinco metros cuadrados; eso caracol00si: sitio para lavar a roupa..andar polos pasillos e outras cousas farianse fora da casa, serían de uso comunitario..
Polo visto non e unha cousa tan estraña, nos paises nórdicos xa fai moito tempo que hai  casas deste xeito ,segundo dixo a ministra da vivienda; así de supeto coidei que non era nada doado, pero dando un paseo pola horta da miña sogra olleí duas esceas que me fixeron cavilar e a dubida comezou a darme voltas pola miña cabeza. Os caracol01caracois xa fai millóns de anos que arranxaron o problema da vivienda, tan ben o fixeron que acadaron ter casas mais pequenas cas que dí a ministra, cando nacen xa teñen o seu fogar posto o lombo, o facerse meirandes non teñen problema, a casa vai medrando canda eles; os vintecinco metros xa sería moito para eles.
Se os caracois acadaron ter vivenda dende que nacen…¿por qué o home non o pode facer tamén?. Nos tempos en que España foi a reserva espiritual de Occidente os nenos naciamos con unha cartilla de aforros aberta na Caixa Postal…¡que magoa!..¡como se perden as boas costumes dos malos tempos!….

Advertisements

Posted in General | Leave a Comment »