Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O BOI

Posted by pepe penas o Maio 10, 2005

Este touro semental foi un dos que houbo na casa de Dorvisou onde eu nacín; segundo lle teño escoitado o meu avó, ia a mercalos a Palas de Rei, Lugo; polo visto era unha das mellores feiras de gando daqueles tempos. Lembrome que viñan homes de moitas aldeastoro_semental.jpg dos arredores.. de Ferreirós, de Duxame, de Arnego, de Carbía, de Cumeiro, de Larazo, de Brocos…. traían as suas vacas, para que quedaran preñadas e tiveran un becerro fermoso… o telo ben criado levabano a feira das Cruces, a da Arzúa ou a da Bandeira…ese día comían o polbo, mercanban unhos zocos, fouciños, azucre…aceite, unha morea de cousas que era preciso ter na casa. Lembrome dunha tempada que estiven en Ollares, a terra onde naceu a miña nai, da ansia que tiñamos os nenos de que chegara a noite cando era feira na Bandeira.. Meu tio Rodrigo traía un peixe que lle chamaban sable…era un peixe de pobres, pero os nenos toleabamos por comelo. A nosa avoa Asunción, coas suas mans e o  agarimo que lle poñía, facía que aquel peixe largo e esmagado coma se estiveran a darlle cun mallo, aparello para quitarlle o gran as mazarocas de millo, souberanos millor ca moitas cousas que polo visto comian os que tiñan moitos cartos e tempo para gastalos; porque nas aldeas cartos habia poucos ,  sitios para gastalos case non se atopaban, e tempo non había..era preciso gastalo arrincandolle os cartos a terra..

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: