Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O PAXARIÑO

Posted by pepe penas o Maio 23, 2005

A non ser que sexas moi novo tes que lembrarte, meu querido amigo, do que che dicían os meirandes cando ias con eles o retratista para facer unha foto:
¡Quietiño neno, quietiño!… ¡mira para alí que vai a sair o paxaro!
Todolos nenos,  eu tamén, eramos ben guiados… mirabamos para onde nos dicían; cos ollos mais abertos ca boca, cando tiñamos fame, sen tan siquera paxaro.jpgpestanexar;  non fora a ser o demo que nunha desas saira voando o  paxariño e non o puideramos ollar.
Teño que dicir que malia o interese que poñía endexamais puiden ollar o devandito paxaro… funme facendo meirande, e coidei que o que me dician era unha carallada para que estivera quieto, e o retratista non tivera que andar a facer mais fotos ata que me pillara a xeito. Velaquí que o outro día puxenme a fedellar coa cámara… apunteille a antena da TV… e dixen para min:   ¡mira que se neste retrato me saira unha escea de calquera cousa que ten Copyright! … ¿como lle conto a SGAE que non a piratei?…eu quizais non chegue a velo …vos non o sei…pero calquera día retratas unha antena e pillas todo o que nese intre está tentando entrar para o televisor….e cousa de rir ..¿non?…¿coidou algún dia meu tataravó que dende a súa casa podería ollar os seus irmáns que tiña espallados pola America?; él non chegou a velos, pero eu podería ver o meu tio Luis que está no Brasil. Movin a cámara un chisco para a esquerda..non tiña desexos de ter problemas legais nin de concencia…..non saiu nada con dereitos de autor…..saiu o paxariño; seino porque dempois de facer o retrato veu o meu carón e dixome: xa que a foto ia sair moi baleira coidei que podería aparecer eu nela, e o mismo tempo dicirche que cando sentías: ¡ vai sair o paxariño!, non che enganaban…o que pasaba era que eu saía tan correndo…tan correndo….que non había xeito de poderme ollar….

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: