Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Xuño 2005

XACOBE TORRES

Posted by pepe penas o Xuño 29, 2005

Hola , les habla Jacobo Torres de Viajes Iberia……Fai un anaco que me erguin , agora estou almorzando, para  a hora de xantar ainda falta moito, coma todolos días na cadea SER sinto a Xacobe falar de viaxes a Tenerife… a Mallorca;  oino falar tantas veces, que xa pecho os ollos e imaxinome que estou viaxando por onde él dí; de supeto abroos  e digolle: ¡ pero home ahi xa estiven onte!..Xacobe non cala… mañán a mesma hora volverá a dicirme  as mismas cousas; sabe que ten que mellorar …quere chegar a ser coma o colega seu  que foi quen de venderlle  neveiras os esquimais…por eso  a cotío, pola mañán cedo, fala decochedelinea.jpg lonxe…de moi lonxe….Hola, les habla Jacobo Torres de viajes Iberia.  Empezanme a pesar as pálpebras , de supeto vexo Dorvisou, é a festa da Nosa Señora dos Doores ; sae a xente da misa da Capilla, algunha coñezoa: miña Bisavoa Doores de Cándido, miña avoa Ramona,  a tia Adelaida da Capilla, a tia Mercedes de García…. Debaixo dos carballos sinto unha voz que dí: Hola, soy Jacobo Torres de viajes Iberia….Tres días en Puerto La Cruz..una semana en Mallorca…viaje en avíón…sol garantizado……
A xente mira con cara estraña, un mozo falando castelán dicindo non sei que de tomar o sol en Tenerife..ir no avión…non lle fan caso, marchan dicindo: o sol, o sol..xa temos sol dabondo cando segamolo trigo,  facemolas mallas, arrincamos as patacas…¡nos o que queremos e ir os baños!.
O domingo seguinte sale a xente da misa; ola, son Xacobe Torres de viaxes Os Baños; quince días no Carballiño..con pousada..viaxe no coche de linea de Xosé Benito……sete días en Caldas de Reís….pousada…un mes en Baños de Molgas, unhos prezos que endexamais se viron por aquí. Xacobe encheuse de vender viaxes, a xente quere erguer  un pouco o lombo, ten gañas de tomar as augas..do sol xa están cheos. Preguntaronlle quen era o tal Jacobo;  polo visto era un mozo que estaba comezando o oficio, o dia dos Doores enganouse..chegou a Dorvisou e quixo vender cousas de ricos a xente que non andaba o sol por pracer, andaba por necesidade…
Volvin  a abrir os ollos e decateime de que era a hora de marchar para o traballo…Hola, les habla Jacobo Torres de viajes Iberia…pobre rapaz…tiñano castigado…as cousas hai que venderllas os que poden pagalas….saín pola porta..cerrei con chave..e ainda sentín: Hola soy Jacobo Torres de viajes Iberia…

Posted in Cousas da terra | Leave a Comment »

AS MIL CARAS

Posted by pepe penas o Xuño 26, 2005

A miudo andas pola Rede a procura dalgunha cousa da que tes necesidade, e vas a dar cos fuciños con algo que nin en soños terías a idea de atopar. As leis de Murphy sonche o carallo; hai unha que dí: pantallazo1.jpg se unha cousa pode ocorrir rematará ocorrindo; eso foi o que me pasou a min con esta Web: atopeina sen querer, pero fixome lembrar os meus tempos de neno, e tamén de meirande dabondo, cando atopaba algún retrato nun  diario o nunha revista, case sempre facía exercicios de debuxo: debuxaballe bigotes e lentes, poñiao de tal xeito que xa quixera Santiago Carrillo, daquela que tiña prohibido vir a España, ter un disfrace coma os que eu facía; tiña que poñer perrucas para que nono coñeceran; se daquela houbera este programa, seguro que ia  gozar tanto coma min. Se queres probar a facer mil caras, pica no retrato

Posted in Webs | Leave a Comment »

O CAN DE AIDA

Posted by pepe penas o Xuño 25, 2005

perroaida02.jpgNon estou a falar de esa Aida que anda perdida polo medio das 625 liñas e non  atopa o camiño de saida; esa en vez de un can case estou por poñer a cabeza que ten un Demo de Tasmania, que a cousa mais demotasmania.jpgsemellante a ela.
Estou a falar de outra AIDA, amiga e compañeira de traballo, fai unhos día iamos a miña muller e mais eu dando un paseo pola beira do rio Lerez, e atopámola co seu marido, traían con eles este fermoso can. Nunca fun un bonfotografo, e coido que me vou a xubilar sen acadar o Master de aprendiz; dos cans sempre fun amigo,  este decatouse…. puxose nesta postura, todo cheo de fachenda, e esperou un chisco para que eu tivera tempo de facerlle a foto.
O meu pai foi un gran cazador…. un canciño coma este sei que sería a mellor cousa que se lle poidera dar. Co permiso de Aida, e mais do seu marido, quero facerlle unha homenaxe a Ramón de Cándido…está foto é para él….non está neste mundo, pero se hai outra vida quizais lea o meu Blogomillo e atope este agasallo do seu fillo.

Posted in As fotos falan | 1 Comment »

GRACIAS A TOD@S

Posted by pepe penas o Xuño 23, 2005

TERCEIROS PREMIOS ANUAIS
as mellores Bitacoras do 2004

Hai un refŕán galego que di:
E de ben nacidos
ser agradecidos

Teño que dicir que levei unha sorpresa, agradable sorpresa porque non dicilo, o saber que o meu Blogomillo "Costa dos Arrieiros" foi elexido como o mellor escrito en galego; moitas gracias a todolos que tedela culpa de que iso fora dese xeito. Eu coido que son unha persoa humilde, e teño que recoñecer que hai outros Blogomillos en galego que son de moita calidade…a verdade e que xamais pasou pola miña cachola que puidera levar un premio por algo que fago, non por competir, fago por facer amigos, e porque paso ben contando as miñas lembranzas de neno, outras trapalladas que se me ocorren, e porque me gusta andar a escarevellar como fan as galiñas….o que vou tentar e non desfacer coas patas o que faga co pico…ese é o problema das galiñas…Lembrome do que dicían os que a min me parecían vellos, cando eu era neno; cando alguén facía algunha cousa que a outras persoas non lle parecían moi axeitadas, dician: …  de vello gaiteiro….non sei se vou para gaiteiro…pero para vello non teño ningunha dubida….
Os meus parabens a todolos premiados

   

Posted in General | Leave a Comment »

TRES..ERAN TRES

Posted by pepe penas o Xuño 22, 2005

rioxunqueira.jpg
Tres eran tres las hijas de Elena, tres..eran tres y ninguna era buena; esto ainda que me esfolen non sei onde o sentin por vez primeira, coido que ten licencia GPL, e por iso ouso dicilo. Na cidade do Teucro, Pontevedra banco01.jpgpara quen non o saiba, hai un sitio para pasear que lle chaman a Xunqueira do Vao e tamén Xunqueira de Alba; semella un  sitio moi axeitado para disfrutalo cando esta bo tempo, como agora; está cruzado por un pequeno regato que lle da de beber, a pouca auga que leva, o rio Lerez, onde se mestura co mar. A ambalas beiras hai dos camiños con arbores, e  tamén algúns bancos onde poder coller folgo cando nos comezan a pesar as pernas. Eses bancos foron postos no seu día para que a xente poidera disfrutar deles… o tempo foi pasando…na marxen dereita atopei  este  tres exemplares que esqueceron as normas más elemantais de hixiene: non se lavan, non banco02.jpgse peinan, nin cortan o pelo. Cando  non se fan as cousas como Deus manda sempre hai un xefe que pon disciplina para que todo vaia polo seu camiño; todo iso e verdade cando sabenos quen e o xefe, pero cando non o sabemos..¿que pasa?….pasa o que pasa aqui: eu por ti, ti por min, e non sei quen por non sei quen, a casa sen barrer. Hai certas cousas que xamais entenderei: na misma cidade nun sitio manda Costas, noutro manda Fomento, noutro manda o Concello. noutro manda a Deputación. Se foramos quen de adiviñar banco03.jpgquen carallo manda na Xunqueira do Vao podiamos dicirlle que arranxara estes bancos e os puxera de tal xeito que a xente lle entrara gana de sentarse neles. Parece que houbo unha  pequena tentativa de poñer as cousas no seu sitio; alguén cortou a maleza pola beira do camiño, pero a dos bancos debía de picar..¡nin lle tocaron!. Quedame unha pequena dubida: eses bancos ¿serán de todos nos?; cando era rapaz a xente dicia: todo o que hai en España é dos españois, menos o Ferrol que é do Caudillo… Para as vindeiras Autonómicas imos ir vivir para Xunqueira unha morea de xente….xa veredes como virá alguén que nos fará a promesa de arranxar os bancos si lle damos o voto… e enton ¿que faremos?….¿ VOTAMOLOS ou BOTAMOLOS ?

Posted in Vino cos meus ollos | Leave a Comment »

A MALA EDUCACION

Posted by pepe penas o Xuño 16, 2005

fraga.jpg
Onte na TV ollei unha escea que me fixo lembrar do Retrato de Dorian Grey,  non lle atopaba moito xeito de primeiras, coidaba que estaban os papeis un chisco cambiados: quen aqui figura ten que ser Dorian Grey; o seu retrato, sen dubida, e o que apareceu na TV comportandonse dunha maneira moi pouco elegante cun dos seus colaboradores, que o pecado mortal que estaba a cometer naquel intre era procurar que o candidato dera unha boa imaxe….o pobre do home perdeu o tempo e con bastante seguridade tivo que lembrase, coma min, e quizais coma moitos mais do filme, LA MALA EDUCACION.polo titulo non polo tema

Posted in Cine na rúa e novas | 1 Comment »

SILOXISMO ELECTORAL

Posted by pepe penas o Xuño 16, 2005

torneo.jpg
GALIZA .ELECCIONS 19 DE XUÑO

Se gaña un perden dous
Se gañan dous perde un
Se perden tres gañamos todos

Posted in As fotos falan | 1 Comment »

AS MOSCAS

Posted by pepe penas o Xuño 12, 2005

mosca.jpg

A un panal de rica miel
dos mil moscas acudieron,
que por golosas murieron,
presas de patas en él.
Otra dentro de un pastel
enterró su golosina.
Así si bien se examina,
los humanos corazones
perecen en las prisiones
del vicio que los domina.

Esta mosca sinteulle dicir a un dos seus devanceiros,  cando ainda tiñan escola en Dorvisou, que un día os rapaces estaban lendo unha carta do Sr. Samaniego onde dicía o que lle pasara a  outras compañeiras medio tolas;  polo visto puxeronse a comer no mel…comeron ..comeron…. e cando quixeron fuxir…alí morreron. Dende que soubo esa historia, fuxe do mel coma do lume.. a todalas súas compañeiras dilles que lean a carta que os nenos de Dorvisou lían  na escola .

Posted in As fotos falan | Leave a Comment »

SELOS DE LAOS

Posted by pepe penas o Xuño 8, 2005

selloslaos.jpg
Selos dedicados o Deporte. Laos

Posted in Selos do mundo | 2 Comments »

SELOS DE RUSIA

Posted by pepe penas o Xuño 7, 2005

sellosrusia.jpg

Selos dedicados o Transporte. Antiga U.R.S.S

Posted in Selos do mundo | Leave a Comment »