Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

TRES..ERAN TRES

Posted by pepe penas o Xuño 22, 2005

rioxunqueira.jpg
Tres eran tres las hijas de Elena, tres..eran tres y ninguna era buena; esto ainda que me esfolen non sei onde o sentin por vez primeira, coido que ten licencia GPL, e por iso ouso dicilo. Na cidade do Teucro, Pontevedra banco01.jpgpara quen non o saiba, hai un sitio para pasear que lle chaman a Xunqueira do Vao e tamén Xunqueira de Alba; semella un  sitio moi axeitado para disfrutalo cando esta bo tempo, como agora; está cruzado por un pequeno regato que lle da de beber, a pouca auga que leva, o rio Lerez, onde se mestura co mar. A ambalas beiras hai dos camiños con arbores, e  tamén algúns bancos onde poder coller folgo cando nos comezan a pesar as pernas. Eses bancos foron postos no seu día para que a xente poidera disfrutar deles… o tempo foi pasando…na marxen dereita atopei  este  tres exemplares que esqueceron as normas más elemantais de hixiene: non se lavan, non banco02.jpgse peinan, nin cortan o pelo. Cando  non se fan as cousas como Deus manda sempre hai un xefe que pon disciplina para que todo vaia polo seu camiño; todo iso e verdade cando sabenos quen e o xefe, pero cando non o sabemos..¿que pasa?….pasa o que pasa aqui: eu por ti, ti por min, e non sei quen por non sei quen, a casa sen barrer. Hai certas cousas que xamais entenderei: na misma cidade nun sitio manda Costas, noutro manda Fomento, noutro manda o Concello. noutro manda a Deputación. Se foramos quen de adiviñar banco03.jpgquen carallo manda na Xunqueira do Vao podiamos dicirlle que arranxara estes bancos e os puxera de tal xeito que a xente lle entrara gana de sentarse neles. Parece que houbo unha  pequena tentativa de poñer as cousas no seu sitio; alguén cortou a maleza pola beira do camiño, pero a dos bancos debía de picar..¡nin lle tocaron!. Quedame unha pequena dubida: eses bancos ¿serán de todos nos?; cando era rapaz a xente dicia: todo o que hai en España é dos españois, menos o Ferrol que é do Caudillo… Para as vindeiras Autonómicas imos ir vivir para Xunqueira unha morea de xente….xa veredes como virá alguén que nos fará a promesa de arranxar os bancos si lle damos o voto… e enton ¿que faremos?….¿ VOTAMOLOS ou BOTAMOLOS ?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: