Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

GRACIAS A TOD@S

Posted by pepe penas o Xuño 23, 2005

TERCEIROS PREMIOS ANUAIS
as mellores Bitacoras do 2004

Hai un refŕán galego que di:
E de ben nacidos
ser agradecidos

Teño que dicir que levei unha sorpresa, agradable sorpresa porque non dicilo, o saber que o meu Blogomillo "Costa dos Arrieiros" foi elexido como o mellor escrito en galego; moitas gracias a todolos que tedela culpa de que iso fora dese xeito. Eu coido que son unha persoa humilde, e teño que recoñecer que hai outros Blogomillos en galego que son de moita calidade…a verdade e que xamais pasou pola miña cachola que puidera levar un premio por algo que fago, non por competir, fago por facer amigos, e porque paso ben contando as miñas lembranzas de neno, outras trapalladas que se me ocorren, e porque me gusta andar a escarevellar como fan as galiñas….o que vou tentar e non desfacer coas patas o que faga co pico…ese é o problema das galiñas…Lembrome do que dicían os que a min me parecían vellos, cando eu era neno; cando alguén facía algunha cousa que a outras persoas non lle parecían moi axeitadas, dician: …  de vello gaiteiro….non sei se vou para gaiteiro…pero para vello non teño ningunha dubida….
Os meus parabens a todolos premiados

   

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: