Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

XACOBE TORRES

Posted by pepe penas o Xuño 29, 2005

Hola , les habla Jacobo Torres de Viajes Iberia……Fai un anaco que me erguin , agora estou almorzando, para  a hora de xantar ainda falta moito, coma todolos días na cadea SER sinto a Xacobe falar de viaxes a Tenerife… a Mallorca;  oino falar tantas veces, que xa pecho os ollos e imaxinome que estou viaxando por onde él dí; de supeto abroos  e digolle: ¡ pero home ahi xa estiven onte!..Xacobe non cala… mañán a mesma hora volverá a dicirme  as mismas cousas; sabe que ten que mellorar …quere chegar a ser coma o colega seu  que foi quen de venderlle  neveiras os esquimais…por eso  a cotío, pola mañán cedo, fala decochedelinea.jpg lonxe…de moi lonxe….Hola, les habla Jacobo Torres de viajes Iberia.  Empezanme a pesar as pálpebras , de supeto vexo Dorvisou, é a festa da Nosa Señora dos Doores ; sae a xente da misa da Capilla, algunha coñezoa: miña Bisavoa Doores de Cándido, miña avoa Ramona,  a tia Adelaida da Capilla, a tia Mercedes de García…. Debaixo dos carballos sinto unha voz que dí: Hola, soy Jacobo Torres de viajes Iberia….Tres días en Puerto La Cruz..una semana en Mallorca…viaje en avíón…sol garantizado……
A xente mira con cara estraña, un mozo falando castelán dicindo non sei que de tomar o sol en Tenerife..ir no avión…non lle fan caso, marchan dicindo: o sol, o sol..xa temos sol dabondo cando segamolo trigo,  facemolas mallas, arrincamos as patacas…¡nos o que queremos e ir os baños!.
O domingo seguinte sale a xente da misa; ola, son Xacobe Torres de viaxes Os Baños; quince días no Carballiño..con pousada..viaxe no coche de linea de Xosé Benito……sete días en Caldas de Reís….pousada…un mes en Baños de Molgas, unhos prezos que endexamais se viron por aquí. Xacobe encheuse de vender viaxes, a xente quere erguer  un pouco o lombo, ten gañas de tomar as augas..do sol xa están cheos. Preguntaronlle quen era o tal Jacobo;  polo visto era un mozo que estaba comezando o oficio, o dia dos Doores enganouse..chegou a Dorvisou e quixo vender cousas de ricos a xente que non andaba o sol por pracer, andaba por necesidade…
Volvin  a abrir os ollos e decateime de que era a hora de marchar para o traballo…Hola, les habla Jacobo Torres de viajes Iberia…pobre rapaz…tiñano castigado…as cousas hai que venderllas os que poden pagalas….saín pola porta..cerrei con chave..e ainda sentín: Hola soy Jacobo Torres de viajes Iberia…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: