Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Xullo 2005

A NOSA MARTIÑA

Posted by pepe penas o Xullo 29, 2005

litapepe.jpg

Posted in Cousas da terra | Leave a Comment »

A MOSCA DO SONO

Posted by pepe penas o Xullo 27, 2005

Hai dos castes principais da mosca do sono: unha é mosca tse-tse,  vive nunha zona de Africa,  ven sendo a que ten a culpa de que ande por ai a enfermidade do mesmo nome. Hai outra, tamén moi coñecida, que nas cidades chamanlle "mosca cojonera", porque te molesta cuando intentas dormir la siesta; nas moscasono.jpgaldeas chamanlle: "fodesestas", porque venche a foder cando , dempois dun bo xantar, tentas cerrar os ollos e esquecer o traballo;  polo visto ter que traballar non é das mellores cousas que hai neste mundo;  teño un amigo que di:  chacho, mira se o traballo será cousa mala que  ata pagan por facelo. Seguindo coa "fodesetas", segundo os entendidos, comeza picandoche no nariz; en canto a sintes zoupaslle unha labazada, e cagaste na nai que a pariu…en vez de pegarlle a puta da mosca, arreaches un lapote nas tuas ventas que case te esnafras.. ela segue coa sua táctica e picache en canto sitio hai; ti que estás cabreado e queres durmir segues a dar golpes no teu corpo; acabas tan fodido que xa non che queda nin folgo…non tes mais remedio ca poñerte a traballar, eso si, coidando que xa que é  cousa mala vanche pagar por facelo;  pero o carallo e cando es  autónomo: tes que pagar ti a ti mesmo. Esta "fodesestas" non pode ser cousa boa de ningún xeito:  non che deixa durmir, obrigache a traballar, e por riba ainda tes que pagar por algo que  é malo facer…..porque non esquezas….dixemos que ti eras autónomo…¿ou non?…

Posted in Babecadas | Leave a Comment »

OVOS

Posted by pepe penas o Xullo 25, 2005

mandahuevos.jpg
Unha vez houbo un home que tivo unha xuntanza cunha morea de representantes do pobo….él era o que facía de xefe…era o que mandaba calar os que non falaban como era debido…algúns deles teñan a teima de levarlle a contra.
Un día alporizouse….coidando que ninguén estaba escoitando dixo : ¡ MANDA HUEVOS !. Todos oubiron…entenderon que pedía ovos; ata os que él mandaba calar vironse na obriga de darlle axuda. Os políticos berran uns cos outros, pero a solidaridade e antes ca ningunha outra cousa.

Posted in Babecadas | Leave a Comment »

VOANDO

Posted by pepe penas o Xullo 23, 2005

gaivotasavoar.jpg
Olleinas anicadas, elas tamén me ollaron….dixeron: ¡adeus Pepiño! ; deron un pulo, fixeron levantar unha pouca auga, e denantes de que as  pingas se volveran a mesturar coas suas compañeiras, xa elas comezaban a facer unha cousa na que son especialistas: voar

Posted in Vino cos meus ollos | 1 Comment »

POBRE CAN

Posted by pepe penas o Xullo 21, 2005

Sabía que era un can desvalido, atopabase só..a miudo tiña fame e somentes podía rillar os seus pensamentos..lonxe quedaban os días nos que era o can do capitán dun barco que dou a volta o Mundo tantas veces que xa non sabía contalas; un día o barco esnafrouse na Costa da Morte…nunca mais soubo o que foi de toda a xente que ia nel;  sen saber de que xeito apareceu  na praia da Lanzada, Pontevedra, e dende aquela gasta alí os dias da súa vida..cando ten fame non falta algunha ánima ben nacida que lle da algo para comer, pero tampouco falta algún mal parido que llecanlanzada.jpgzorrega unha patada nos cadris e faino chorar;  a miudo lembrase de colegas  que tiveron millor sorte. Cando cerra os ollos o primeiro que lle ven o sentido é ARGOS, o can de Ulises, o pobre tamén o pasou mal coma él;  dempois de vinte anos volveu a ver a seu amo, pero pouco lle durou a ledicia..morreu de seguida.
Cando viaxaba polos mares de Africa  oiu falar dun tal ANUBIS un colega exipcio moi antigo…polo visto mandaba moito….era o dios dos mortos.
Non podía deixar  de lembrarse de BALTO, un can de Alaska que foi de moita axuda para un médico. Viñalle o sentido BARRY, un San Bernardo que traballou nun Hospicio de Suiza axudándolle os monxes que ali vivían. Viñanlle as bagoas os ollos coa historia de BOBY DE GREYFRIARS, morreulle seu amo e estivo catorce anos indo a Igrexa do cimeterio onde estaba soterrado. Non se podía esquecer de HACHIKO que xamais  deixou de ir o trén no que viaxaba o seu dono. Gustaballe imaxinar a OWNEY, un can vagabundo coma él, que  fixo amizade cos traballadores do correo de Albany, Nova Yorke.  Tamén se lembraba doutros  colegas coñecidos pola semellanza que tiñan cos seus amos.
Polas mañáns cando espertaba ia a beira do mar, desexaba meterse na auga e morrer afogado…botaba de menos o seu capitán…quería estar preto del…

Posted in As fotos falan | Leave a Comment »

OS PES NA CABEZA

Posted by pepe penas o Xullo 20, 2005

pescabeza.jpg
Un día que levaba a camara ocorreuseme mirar para o ceu e batín cos ollos  nesta foto; de supeto lembreime das putadas que me facían os meirandes cando atopabamos un poza chea de lama e de agua; eu non quería pasar por medo a luxar os zapatos ( nas aldeas os nenos andabamos case sempre con zocos, pero cando iamos as festas tamén poñiamos zapatos coma os das cidades). O caso e que o chegar a poza, parabame e dicía:
¡Eu non dou pasado..vanseme luxar os zapatos!
Sempre saia algúen que dicía todo serio:
¡Pon os pes na cabeza Pepiño..e asi xa non te luxas!
Non se imaxinaban o dano que me facían…volviame tolo cavilando como facer para poder pasar dese xeito… os pes seguro que non se luxaban…¿pero como carallo facía para poñelos na cabeza, e por riba atravesar a poza?….facía coma dous rapaces do retrato, pero o que non se me ocorreu xamais foi facer coma o do medio.. a miudo remataba chorando…sempre habia algunha anima bendita que viña onda mín, colliame no colo e pasabame sen perigo.
Ollando esta foto lembreime, cando emigrei para Santiago, do xeito que andaban os artistas do circo…o mesmiño co rapaz que está no medio do retrato…¡andaban coas mans postas no chan!…¡se daquela o soubera ninguén se ia rir de min!….Xa non poderie volver a ser neno, pero se poidera….os que se rían de min ian quedar coa boca tan aberta, que para pechala terían que chamar a un cerralleiro……

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

BELMEZ BIS

Posted by pepe penas o Xullo 17, 2005

nobelmez.jpg
(Axencia Mais Alá). En Pontevedra atopouse estes días un limoeiro que ten a particularidade de ter debuxada na tona unha figura que semella unha cara. Segundo persoas entendidas, hai a sospeita de que a semente da que naceu ese limoeiro veu da mesma horta da casa onde aparecen as coñecidas caras de Belmez.
Ata o día de hoxe somentes apareceu unha arbore cunha cara,  nembargantes hai o convencemento de que apareceran moitas mais en arbores que naceron da semente deste limoeiro.
Tamén hai quen dí, apoiándose na teoría da evolución das castes de Charles Darwin, que as caras de Belmez e as  dos limoeiros veñen das estatuas da Illa de Pascua…

Posted in Vino cos meus ollos | Leave a Comment »

SETE VIDAS

Posted by pepe penas o Xullo 9, 2005

Polo visto os gatos temos sete vidas, non sei se será verdade pero se me poño a cavilar coido que ainda son moitas mais;  non sei cando comezei a vivir, penso que levo aqui dende que o mundo é mundo;  tanto andiven e tantas cousas fixen que podería escribir tantos libros coma vidas teño.
Xunto os meus colegas Benny e George andiven polas terras de México tentando pillar a Speedy Gonzalez, o rato mais rápido do mundo, tanto corría gatotigre.jpgque  endexamais poidemos pillalo…ese carallo de rato sempre fuxía e por enriba riase de nos.
Canso das terras de México volvín a terriña e aquí atopei outro rato con apelido: o Rato Perez;  este tentei pillalo eu só…¡nunca tal cousa fixera!;  soubereno os nenos e a pouco mas matanme….tarde souben que o tal Pérez era moi amigo deles; cando lles caía un dente deixabano debaixo da almofada e pola mañán atopaban un agasallo.
Fixenme amigo do Gato con Botas, regaloume unhas coma as del, xuntos fixemos moitas viaxes; dunha vez houben de afogar: tiña un pé posto en Dorvisou e quixen poñer outro en Venezuela, sabía que acolá habia xente coñecida, en vez de poñelo  onde quería puxeno no mar e a poco mais afogo; dende aquela non podo ver a auga, tanto medo lle collín que a mesma  Fonte de Novello, unha fonte que hai en Dorvisou,  faime estarrecer.
Funme facendo vello, e tiven que andar pillando ratos pequenos e ratos a piques de xubilarse, eran os que menos corrían; cada día  atopo menos, coido que xa sei por que: o outro día oin dicir na radio: CON RATIBRON NI RATA NI RATON; ese carallo do RATIBRON mataos todos o non deixa ningún para min….vou ter que coller a  xubilación adiantada….

Posted in As fotos falan | Leave a Comment »

QUE NOITE A DAQUEL DIA

Posted by pepe penas o Xullo 6, 2005

botellas.jpg
Venres pola noite…hora sen precisar….seis razóns para non saber cando comeza o sabado. O tempo deixa de ter medida, ¿será venres?…¿será sábado?….Podía ser un día calquera: pero QUE NOCHE  LA DE AQUEL DIA.

Posted in Cine na rúa e novas | Leave a Comment »

O NIÑO DO MERLO

Posted by pepe penas o Xullo 3, 2005

Dende que teño unha camara dixital fago unha morea de fotos; cando me poño a ollalas, a maioria das veces penso que si estivera  a facelas coas camaras analóxicas, ¡cantos euros tiña gastados!;  outras veces veñenme o sentido pequenas historias, de cando era neno, que mesmo semella coma se estiveran escritas no retrato que teño diante dos meus ollos. Esta foto que poño aquí faime lembrar do meu amigo Cándido de Garcia, era da quinta do meu pai e xuntos marcharon para a Guerra do 36.
Cando me atopaba sempre sabía dalgún niño dun paxaro.
¡Pepiño, atopei un merlo.jpgniño dun merlo que ten dous ovos!
Alá iamos Cándido mais eu a buscalo;  cando estabamos diante del abrianseme os ollos coma pratos,  de contado debuxaba na miña cachola un mapa do sitio no  que se atopaba; todolos los dias pasaba por onde o devandito niño e botaba unha ollada a ver si xa naceran os paxariños; cando miraba aquelas cousiñas tan pequerrechas,  con unha boca tan grande e tan aberta, mesmo me daba a gana de darlle de comer; pero habia una cousa que non me deixaba facelo: algúns paxaros, cando eran moi pequenos, tiñan na cachola algo coma se fora pelo branco; os meirandes dicían que non se lle podía tocar, se o facías caiche o pelo; polo visto era tiña…eu coa tiña non quería nada, na enciclopedía que tiñamos na escola falaba dela, dísque era unha enfermidade que che facía  caer o pelo todiño, quedabache a cabeza o mesmiño cos huevos do merlo.
Cada vez que vexo esta foto lembrome da tía Mercedes, a nai de Cándido, de Cándido, de Ramón, o fillo de Cándido que coñecín o ano pasado, e de dous rapaces que son irmańs, netos de Cándido, que gañaron un premio na TVG polo ben que bailaban..coido que lle chamaban os Lexendarios de Dorvisou. A miudo penso que ainda son un neno…pero agora mesmo estoume lembrando de catro xeracións…¿xa pasaría tanto tempo dende que Cándido atopaba niños de paxaros e diciame deles?

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »