Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

MARIA

Posted by pepe penas o Xullo 1, 2005

Hoxe vou poñer unha historia que  non e do meu porral. Está feita polo meu primo Antonio, un rapaz que vin nacer e vin ir medrar pouco a pouco; de pequerecho era un chisco rillote; non lembro por qué, pero sei que flor01.jpgtodos lle chamabamos, con agarimo, O PILOTO. O outro día mandoume este historia nun e-mail. Ambolos dous imos facerlle unha homenaxe a miña nai;  él por escribir este recordo tan fermoso, eu poñendoa no Blogomillo para que se poida ler en calquera recuncho do mundo. Non lle pedín permiso, pero estou seguro que podo contar con el. A miña nai botara un sorriso, dende o ceo, cando lea o que lle escribeu aquel neno que se chamaba Antonio.


Todo comeza hai moitos anos nunha costa, situada no compostelán barrio de Sar, na tarde noite dun día calquera cando un neno oe como a súa nai  o  chama, interrumpíndolle unha das tarefas que mellor facía: xogar ao escondite. O neno para de xogar para atender a súa nai, non sen farfallar algo polo baixo. flor02.jpgO encargo que lle ten a ordenar a nai é o de acercar a unhos señores a casa da sua tía na rúa do Horreo. Ala vai o  neno diante do  grupo de xente a paso acelerado para incorporarse canto antes ao xogo que deixara. A medida que o grupo andaba, o paso facíase mais lento e a conversa aparecía como por arte de maxia. O neno pronto descubría que os seus acompañantes eran portugueses (podo asegurarche que case sempre eran do país amigo e veciño) e entón o rapaz empezaba a falar dos seus admirados ídolos Eusebio, Coluna, Torres, Simoes, xogadores de fútbol que o neno coñecía gracias aos cromos que xuntaba. Entre goles, regates e remates de cachola o grupo chegaba ao seu destino. Unha vez pasado o portal, o deporte cambiaba totalmente e  se convertía na subida do porto máis duro do  tour de France; o neno ía diante marcando o ritmo e dando ánimos ao resto do grupo, poñéndolle nome aos integrantes ¡veña Gimondi !,que queda pouco, ¡ vamos Anquetil que falta un piso, e así os catros pisos de ascensión . Logo flor03.jpgde tocar no timbre aparecía unha señora que, coa voz máis peculiar que recordo, sempre dicía a misma frase "hola Antonio", dous bicos e sempre a misma situación a señora a enseñarlle os cuartos os inquilinos e o neno a cavilar nas palabras do seu pai: "non lle collas nada". Logo a señora achegábase ao rapaz e despois doutros bicos ofrecíalle unhas moedas, ao neno víñalle a dubida máis trascendental de toda a súa vida: por un lado, as palabras do pai e, por outro, na súa cabeza aparecían novos cromos de futbolistas ou ciclistas cos que compartir partidos e épicas escaladas. Chegado a este punto teño que dicir que a duda sempre se resolvía a favor da segunda opción. Pero o que queda desta longa historia é a voz e os bicos da miña tía María.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: