Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O NIÑO DO MERLO

Posted by pepe penas o Xullo 3, 2005

Dende que teño unha camara dixital fago unha morea de fotos; cando me poño a ollalas, a maioria das veces penso que si estivera  a facelas coas camaras analóxicas, ¡cantos euros tiña gastados!;  outras veces veñenme o sentido pequenas historias, de cando era neno, que mesmo semella coma se estiveran escritas no retrato que teño diante dos meus ollos. Esta foto que poño aquí faime lembrar do meu amigo Cándido de Garcia, era da quinta do meu pai e xuntos marcharon para a Guerra do 36.
Cando me atopaba sempre sabía dalgún niño dun paxaro.
¡Pepiño, atopei un merlo.jpgniño dun merlo que ten dous ovos!
Alá iamos Cándido mais eu a buscalo;  cando estabamos diante del abrianseme os ollos coma pratos,  de contado debuxaba na miña cachola un mapa do sitio no  que se atopaba; todolos los dias pasaba por onde o devandito niño e botaba unha ollada a ver si xa naceran os paxariños; cando miraba aquelas cousiñas tan pequerrechas,  con unha boca tan grande e tan aberta, mesmo me daba a gana de darlle de comer; pero habia una cousa que non me deixaba facelo: algúns paxaros, cando eran moi pequenos, tiñan na cachola algo coma se fora pelo branco; os meirandes dicían que non se lle podía tocar, se o facías caiche o pelo; polo visto era tiña…eu coa tiña non quería nada, na enciclopedía que tiñamos na escola falaba dela, dísque era unha enfermidade que che facía  caer o pelo todiño, quedabache a cabeza o mesmiño cos huevos do merlo.
Cada vez que vexo esta foto lembrome da tía Mercedes, a nai de Cándido, de Cándido, de Ramón, o fillo de Cándido que coñecín o ano pasado, e de dous rapaces que son irmańs, netos de Cándido, que gañaron un premio na TVG polo ben que bailaban..coido que lle chamaban os Lexendarios de Dorvisou. A miudo penso que ainda son un neno…pero agora mesmo estoume lembrando de catro xeracións…¿xa pasaría tanto tempo dende que Cándido atopaba niños de paxaros e diciame deles?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: