A piques de chegar o verán houbo unha
xuntanza de todolos los LUMES, foi o DEMO quen os chamou para dicirlle a cada quen onde tiña que queimar. Os LUMES mais novos, os que andan a procura do primeiro traballo, teñen que ir cos veteranos e axudar a queimar onde xa arde, pero comezando por outra banda, desta maneira aprenden axiña e o pouco tempo xa poden ir sós.
O sair da xuntanza cada un marchou para o sitio que lle sinalara o DEMO; uns foron cara a Muros, outros a Carnota, outros a Ribeira, outros a Campo Lameiro, e o mais novo de todos eles dixeronlle que tiña que queimar montes en Dorvisou. Alá

marchou dende Arzùa, foi pola estrada que vai o pantano de Portodemouros e o chegar alí coidou que aquel non era bo sitio para queimar, habia moita auga; atravesou o pantano, meteuse a man esquerda, pasou por Duxame , e alí escintalorenlle os ollos, polo visto Dorvisou xa estaba preto, Chegou os Carballos de Mato, revirou os ollos para dereita… e alá no fondo recoñeceu a aldea que lle sinalaran; eran un LUME aplicado, na escola sempre era dos mellores recoñecendo sitios. Estaba un pouco canso, había tanto sol que ata os paxariños caian o chan, guindouse debaixo dun carballo a espera de que pasara algún mal cristiano que lle axudara co traballo que tiña que facer; dali a pouco pasou un neno que viña asubiando e guindando pedras contra os carballos, tiñalle traza de ser un chisco rillote e coidou que era quen lle ia a axudar no traballo; falou con él e puxeronse dacordo; o Pepiño dixolle que un chisco mais adiante habia un camiño que lle chamaban a Costa dos Ariieiros, e alí había un monte moi bo para queimar; mandouno meter no peto e dixolle que ian baixar ata Cubelos, onde había un regueiro que tiña unha cousa coma auga, e que ardia que daba o xenio, chamabanlle bencina; o seu avó ia a buscala alí para botarlla o motor da máquina de mallar; seguiron baixando pola costa..Pepiño non deixaba de falar para que o LUME tivera confianza nel. Cando chegaron a Cubelos sacouno do peto e tirouno enriba da auga…cando o LUME se decatou xa era moi tarde…apagouselle a vida coma se apagaban os candiles na casa do Pepiño cando se ia para cama. O neno sabia que o LUME era malo…os meirandes sempre lle dicían: Neno, co Lume non se xoga. Os outros LUMES atoparon con cristianos malparidos, os que seus pais endexamais lle dixeran que co LUME non se podía xogar…..coa axuda deses malos cristianos queimaron e queimaron ata matar a vida.