Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

PLATERO E BAMBI

Posted by pepe penas o Agosto 2, 2005

casaplatero.jpg
Lembrome cando os meus fillos eran pequenos a chea de veces que temos ido o Lago Castiñeiras, parque natural preto de Pontevedra, para  que ollaran os animais que ali había: corzos, renos, pavos reais, aves acuaticas de moitas castes..era unha ledicia ter todo aquelo diante dos ollos e o mesmo tempo decatarse do ben coidado que estaba. Os romanos cando falaban doutros tempos dician: In illo tempore; pois in illo tempore era como eu dicia fai un pouco …hoxe poida que non sexa  asi; teño pasado algunhas veces por alí, e onde antes estaban animais agora  bamby.jpgsomentes se ve soidade, os casetos de madeira, onde durmían, unhos están apodrecendo co paso do tempo,  e outros  a piques de quedar debaixo dos fieitos que medran…e medran, ata que lle pasan por riba. Un destes dias  tiven a ocorrencia de pasar por alí e ollei dous exemplares que me fixeron lembrar de Platero e de Bambi;  por mais que andiven a buscar non atopei ningún outro veciño que estivera con eles. Coidei se serían os ultimos exemplares que quedaban naquel recuncho onde noutrora houbo moitos  mais. Veume o sentido  unha cousa que lle chaman BOOKCROSSING,  ten moito que ver cos libros; ti deixas un libro….ven alguén, levo para a súa casa, le nel, e cando remata volveo a deixar noutro sitio para que veña un cristiano e faga con él todo o que ti fixeches. Imaxino que Platero e Bambi estaban nun libro deses que poden atravesar o mundo dun lado o outro; tiveron fame e sairon a pacer unha pouca herba e a estarricar as patas, namentras non veña ninguén deixaranse estar; se hai algúen que atope o libro volveran a meterse nel e seguiran dando voltas polo mundo adiante…por certo, Platero xa fai unhos días que non sei que foi da súa vida…o pobriño semellaba estar moi canso…quizais morrera…ou mellor non…poida que alguén atopara o libro de PLATERO Y YO e tivera que meterse nel para que non o botaran de menos…
platero01.jpg

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: