Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 11 Agosto 2005

O LUME QUEIMA O MONTE

Posted by pepe penas o Agosto 11, 2005

apagalume.jpg
Xa fai bastantes anos houbo na TV unha campaña que falaba dos incendios forestais: " Cuando el monte se quema, algo tuyo se quema" ; eso diciase namentras algo noso ardía…mesmo parecía que o que facía arder o que era noso era xordo de nacemento; houbo quen lle botou a culpa a un tal LUME, alguén despois de moito pescudar decatouse de que o tal LUME era o culpable, él queimaba o monte…non había dubida..cando algo ardía o cabrón do LUME sempre andaba polo medio; moitos veciños que o viron dixeron: foi o LUME..foi o LUME…pola mañán cediño comezou queimando unhos fieitos e mais unhas xestas na Quenlla de Facó, monte de Dorvisou na marxe esquerda do rio Ulla. Algùns veciños chegaron a cavilar que o LUME nunca andaba só; andiveron a vixialo e polo visto viron a outros veciños que o levaban no peto, e cando atopaban algo que lle gustaba para queimar, deixabano só e fuxían para quen ninguén soubera que eran os donos. Houbo veciños que denunciaron o tal LUME, pero dempois de apretalos un pouco remataron dicindo que o tal LUME era un mandado, traballaba por conta allea pero sin soldada, somentes traballaba pola comida,  a súa comida disque e queimar e queimar ata que non quede unha herba de pé nin un grilo con vida…

Posted in Cousas da terra | 2 Comments »