Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 31 Agosto 2005

MEU PRIMO O TIGRE

Posted by pepe penas o Agosto 31, 2005

gatoarbol.jpg
  Era moito can para ser un can só.
Non semellaba ser seu amigo.
Os ollos alumeabanlle coma dous fachos de palla.
Amosaba os dentes….pero non era un sorriso.
Lembrouse do seu primo o tigre.
Agatuñou polo piñeiro.
Dende a póla na que estaba xa non ollaba un can.
Ollaba un anano.
Grazas meu primo por ensinarme a fuxir para arriba.
Grazas tamén por non ensinar a este  túzaro de can.
Namentras dicía todo isto estaba argallando de que xeito baixar….

Posted in As fotos falan | Leave a Comment »