Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Setembro 2005

TRES EN RAIA

Posted by pepe penas o Setembro 29, 2005

tresmazas.jpg
Se falamos de comer..non hai dubida..son tres mazás. Se falamos de música poderiamos estar cavilando nos Tres Sudamericanos, no Trío Siboney, no Trío os Panchos ou nos Tres Soles do Paraguay. Se falamos doutras cousas quizais nos veñan o sentido as tres fillas de Elena, aquelas que ningunha era boa, o Terceiro Reich ou a Terceira República. Se pechamos os ollos e volvemos a cando eramos nenos, coido que non podería haber mellor cousa que maxinar que vimos de rematar o xogo de tres en raia...¡ e gañamos !

Posted in Vino cos meus ollos | 2 Comments »

FORA ATRANCOS

Posted by pepe penas o Setembro 28, 2005

cochespecial.jpg
Novo protipo de vehiculo feito en Pontevedra; por mor dos atrancos nas estradas durante os meses do verán, un carpinteriro de ribeira comezou este anos os ensaios dun coche para que a xente non estea agoniada cando ten que ir a praia. Tal coma se pode ver na foto tanto pode andar pola auga coma pola terra. Polo visto para o vindeiro ano xa estarán rematados os ensaios e xa se poderá principiar  a fabricar.

Posted in Vino cos meus ollos | 1 Comment »

REFRAN

Posted by pepe penas o Setembro 17, 2005

canregando.jpg
Este non é un can calquera, coido que é deses que lle chaman policías…tivo estudios e aprendeu algún que outro refrán, hai un que lle ven todolos dias o maxin:
Quen a boa árbore se achega
boa sombra o acubilla
Listo como é de seguida se decatou de que esa arbore tiña que medrar para que o refrán fora verdade. Non quixo perder o tempo e comezou a regalo para que medrará axiña…

Posted in As fotos falan | 5 Comments »

¿QUE DIN OS APELIDOS?

Posted by pepe penas o Setembro 15, 2005

Hai apelidos e nomes que non din nada, son unhas letras detrás doutras, só sirven para coñecer quen é o dono delas…..Pero hai otros nomes e apelidos que se lle fas unha pregunta poida que te fagan cavilar.
Joaquin…..¿es Cortés?
Rafael…..¿es Amargo?
Julio……¿es Iglesias?
Rocío…..¿es Jurado?
Pedro…..¿era Infante?
Marcelino…..¿es Oreja?
Isabel…..¿es Tocino?
Angel…..¿es Cristo?
Mario…..¿es Conde?
Francisco…..¿era Franco?
José…..¿es Sacristán?
Fernando…..¿era Rey?
Pepe…..¿es Sancho?
Celia…..¿era Cruz?
Tito…..¿era Puente?
Chabuca…..¿es Grande?

Posted in Babecadas | 3 Comments »

UN OVO, DOUS OVOS….

Posted by pepe penas o Setembro 14, 2005

dousovos.jpg
Un ovo, dous ovos, tres ovos….
¿Somentes hai dous?
Iso e o que ven os teus ollos…
Nembargantes o primeiro e coma se foran dous….¿Ou non?

Posted in As fotos falan | 1 Comment »

BOA ANADA

Posted by pepe penas o Setembro 12, 2005

pipa.jpg
Hai un ruxe ruxe de que iste ano a colleita de uvas vai ser tan boa coma a do pasado ano; as novas espallanse coma o lume, na Feira Franca de Pontevedra ollaronse tendeiros doutros tempos que viñeron coa idea de amosarnos, e se cadraba, de vendernos os aparellos que tiñan para gardar o viño. Algúns deles disque andiveron polas viñas de Facó, en Dorvisou, nos tempos en que alí houbo uvas .

Posted in Cousas da terra | 2 Comments »

MIUDIÑO MIUDIÑO

Posted by pepe penas o Setembro 11, 2005

moitauva.jpg
Tantas..tantas..tantas uvas colleu, que o viño que fixo non lle coupo no bocoi…tivo que beber algún e saiulle esta cantiga da Nosa Terra….dende aquela sempre hai  alguén que a canta cando compre beber viño xa que auga non hai.
Eche un andar miudiño
miudiño miudiño
miudiño miudiño
o que eu traio.
Que eu traio unha borracheira
de viño, que auga non bebo
Mira, Mira Maruxiña
mira, como eu veño
Que eu traio una borracheira
de viño que auga non bebo
Mira, mira Maruxiña
mira, mira como eu veño.
Eche un andar miudiño…

Posted in Cousas da terra | 2 Comments »

NAUFRAXIO

Posted by pepe penas o Setembro 9, 2005

naufraxio.jpg
Coa marea devalada sinte que se lle vai a vida…. non ten ansia de seguir neste mundo, non quere lembrar as cousas nin os sitios que tivo a sorte de ollar. Cando chega a preamar, a vida volve o seu corpo; a auga do mar corre de novo polas sus veas semellando o sangue do patrón que a mandaba…..¿sería a lanchiña que estaba na beira do mar para ir a navegar?….¿sería a barca da que falaba a cantiga que foi a Eurovision, e nela preguntaban quen a manexaba?.. ¿sería a lancha de Marín na que catro rapaces da Puebla roubaron un rodaballo?…ou….¿ Sería a barquiña que levaba a Virxen de Guadalupe para Rianxo?

Posted in As fotos falan | 2 Comments »

ARSENAL

Posted by pepe penas o Setembro 8, 2005

bombonas.jpg
BOMB (onas) of Butane
BOMBONAS de butano
Cando son boas axudan a facer de comer
Cando se volven malas estouran e matan xente o mesmo cas da guerra.

Posted in As fotos falan | 1 Comment »

AS VERZAS….QUERO VELAS

Posted by pepe penas o Setembro 7, 2005

berzas.jpg
Hai un dito na Nosa Terra que non me chistaba nin unha migalla cando era neno;  sempre atopabas con algún gracioso que lle gustaba amolar os nenos; o primeiro que saía da súa boca cando te ollaba era: "Neno estás na horta e non velas verzas"; ainda que non me  chistaba o que me dicía seguía o meu camiño; xa estaba canso de ouvir a mesma retrónica dos mesmos  trangalleiros ; eu sabía o que era unha horta, tamén sabía o que eran as verzas…. na casa de meus avós había horta, había verzas….e estaba farto de velas. Ainda tivo que pasar algún tempo para que soubera o que me queráin dicir aqueles galopins, polo visto iso diciaselle a xente que durmía cos ollos abertos, non se decataban do que acontecía o seu arredor. Cando aprendín o castelán tamén me decatei que os nenos das cidades facianlle cousas semellantes os das aldeas;  a eles dicianlle: "Niño, los árboles no te dejan ver el bosque"; dito na nosa lingua viña sendo algo semellante a: "Neno, os carballos non che deixan ver a carballeira".
Faí unhos dias andiven pola horta da miña sogra e olleí estas verzas…pareime un chisco…vin a horta…vin as verzas…e dixen para mín: aqueles trangalleiros somentes querían  anoxarme…

Posted in Lembranzas dun neno | 2 Comments »