Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

AS VERZAS….QUERO VELAS

Posted by pepe penas o Setembro 7, 2005

berzas.jpg
Hai un dito na Nosa Terra que non me chistaba nin unha migalla cando era neno;  sempre atopabas con algún gracioso que lle gustaba amolar os nenos; o primeiro que saía da súa boca cando te ollaba era: "Neno estás na horta e non velas verzas"; ainda que non me  chistaba o que me dicía seguía o meu camiño; xa estaba canso de ouvir a mesma retrónica dos mesmos  trangalleiros ; eu sabía o que era unha horta, tamén sabía o que eran as verzas…. na casa de meus avós había horta, había verzas….e estaba farto de velas. Ainda tivo que pasar algún tempo para que soubera o que me queráin dicir aqueles galopins, polo visto iso diciaselle a xente que durmía cos ollos abertos, non se decataban do que acontecía o seu arredor. Cando aprendín o castelán tamén me decatei que os nenos das cidades facianlle cousas semellantes os das aldeas;  a eles dicianlle: "Niño, los árboles no te dejan ver el bosque"; dito na nosa lingua viña sendo algo semellante a: "Neno, os carballos non che deixan ver a carballeira".
Faí unhos dias andiven pola horta da miña sogra e olleí estas verzas…pareime un chisco…vin a horta…vin as verzas…e dixen para mín: aqueles trangalleiros somentes querían  anoxarme…

2 Respostas to “AS VERZAS….QUERO VELAS”

  1. thirthe said

    amo as verzas tanto coma as cebolas. O día que as deixe de ver nas hortas, empezo a botalas eu. De seguro.!!!

  2. Pepe…

    Cando eu era neno non podía ni velas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: