Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 9 Setembro 2005

NAUFRAXIO

Posted by pepe penas o Setembro 9, 2005

naufraxio.jpg
Coa marea devalada sinte que se lle vai a vida…. non ten ansia de seguir neste mundo, non quere lembrar as cousas nin os sitios que tivo a sorte de ollar. Cando chega a preamar, a vida volve o seu corpo; a auga do mar corre de novo polas sus veas semellando o sangue do patrón que a mandaba…..¿sería a lanchiña que estaba na beira do mar para ir a navegar?….¿sería a barca da que falaba a cantiga que foi a Eurovision, e nela preguntaban quen a manexaba?.. ¿sería a lancha de Marín na que catro rapaces da Puebla roubaron un rodaballo?…ou….¿ Sería a barquiña que levaba a Virxen de Guadalupe para Rianxo?

Posted in As fotos falan | 2 Comments »