Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Novembro 2005

AGARDANDO POLO CANSADO

Posted by pepe penas o Novembro 30, 2005

cadeira01.jpg
Hai un refrán castelán que dí: el que fué a Sevilla perdió la silla; nin estamos en Sevilla nin a isto lle chamamos silla….estamos preto de Lalín e o que aqui se ve e unha cadeira; se a deixaramos falar ben seguro que diría: O meu nome e cadeira, e estou aquí para que se sente o que queira…

Posted in Babecadas | 16 Comments »

PECHADO

Posted by pepe penas o Novembro 29, 2005

pechadura.jpg
A liberdade está ai fora, a moito menos da carreira dun can. Se es pobre quizais poidas gaña-la co teu traballo…se es rico, non teñas magoa, poderás gaña-la co traballo dos demais….

Posted in As fotos falan | 1 Comment »

O VELLO MOTOR

Posted by pepe penas o Novembro 25, 2005

motor.jpg
Fai un mes estiven en Dorvisou na casa onde nacín; en cada curruncho dela vexo escenas dos primeiros anos da miña vida. Debaixo da palleira atopei a LISTER, ainda ten o nome gravado nun lado da cabeza, él e un vello motor que traballou toda a súa vida; primeiro serrando troncos alá pola Devesa, entre Dorvisou e Ollares, andivo con Ramón de Candido, o meu pai, e con Penas o Grande, avó de Paco Penas. Quizais non vos pareza certo, pero falei con él; se nono sabedes teño que dicirvos que os nenos son quen de falar con todas las cousas que hai no mundo, con cada unha falan unha lingua; LISTER e mais eu tamén falabamos, lembrome que a nosa conversa soaba algo así coma: tatatataaaa,tataaa,tatata… tiven que aprender , porque ese era o xeito do que el falaba. Faloume daqueles tempos pola Devesa, había unhos invernos que case duraban tanto coma o ano no que aperecían, tanto frío facía que o pobre do LISTER custaballe traballo comezar o día, os homes non tiñan tentos nos dedos das máns, os troncos semellaban croios polo duros que se poñían coa xiada e coa neve. Contoume que se deixara coa maquina de serrar e atopara unha nova compañeira, a maquina de mallar; neste tempo tivo un traballo mas levadeiro, só era no verán, aló polo mes de agosto, despois das malladora.jpgfestas da Piedaded nas Cruces, nese tempo comezaban as mallas; acarrexabase para a casa o trigo en carros de vacas, a malladora o que facía era separa-la palla do gran; era un traballo duro, pero era moito mais distraido ca serrar; nas mallas sempre habia moitisima xente, a LISTER gustaballe ver as mozas, pois ainda que era de ferro tamén tiña o seu corazón coma todolos mortais. Nesta época da súa vida sentiase preto dun paisano, nado en Calo a carón de Santiago de Compostela, que estivo o mando do V Regimiento na Guerra Civil, tamén lle chamaban LISTER, despois marchou para Rusia, e alí chegou a Xeneral; sentiase moi ledo cando, o sentir zoar a súa compañeira, mozos, mozas, homes, mulleres, rapaces, vellos ,vellas.. todos se xuntaban na casa onde se mallaba, todos semellaban traballar a suas ordes; os rapaces guindaban os mollos desde enriba da meda, outros homes metianllos na boca a malladora, outros quitaban a palla, outros facían o palleiro; as mulleres apañaban o gran..e os vellos e as vellas lembrabanse do que facían cando tiñan menos anos; a mais dun viñalle o sentido aquela loita que lle botara nunha malla a que era a súa muller. Con baguas nos ollos dixome que lle botaran a sona de que bebía; era certo que o facía, pero tiña que beber bencina para que lle viñera a forza para axudarlle a sua compañeira; eu tamén lle vin beber auga unha morea de veces, facía semellante calor que se poñia coma se tivera febre, entón tiña que meterlle auga para non morrer queimado: dixenlle que o deixara nas miñas mans, eu xa lle diría a todolos que o coñeceron qeu nunca fora un borracho, bebía para poder traballar; tiñan que facerme caso, porque cando eu dicía algunha cousa poñía cara de dicir a verdade e somentes a verdade ; os nenos nunca diciamos mentiras….ata que os meirandes nos ensinaron a contalas…

Posted in Lembranzas dun neno | Leave a Comment »

CAMIÑO DO CARCERE

Posted by pepe penas o Novembro 21, 2005

augaceibe.jpg
Un día comezou a chover, as pingueiras caían do ceu e ianse xuntando nas pozas; non se coñecían, viñan de moitos mares , falaban unha morea de linguas; nembargantes todas elas coñecían o que tiñan que facer..tiñan que andar…andar e andar ata atopar un río que volvera a leva-las o mar; a súa vida era sempre a mesma: do mar o ceo, do ceo a terra, da terra o rio, do rio o mar, e do mar outra vez o ceo. Pasaron por prados, meteronse no medio dos toxos, andiveron polas corredoiras, onde noutros tempos tamén había carros, pasaron a carón de muiños que moeron o trigo e mailo millo, chegaron o regueiro de San Tomé da Insua, e alí decataronse que estaban preto do rio Ulla; o que descoñecían e que ian a sair a onde ian a ter pouca liberdade, amais de ter que comprala gastando a súa enerxía…

Posted in Cousas da terra | 2 Comments »

¿FALTAN CATRO XINETES?

Posted by pepe penas o Novembro 20, 2005

caballoscuatro.jpg
Son catro cabalos, semellan estar sós, non se ve a ninguén que poida ser o seu dono.Todos son da misma cor.¿Estarán os seus xinetes dentro da casiña que se mira na cima do prado?;¿serán os catro xinetes do Apocalipse que están argallando que cousas facer?; os cabalos tiñan que ser un blanco, un roxo, un negro e un marelo, pero…¿e se os pintaron doutra cor para que non se coñezan?.Eu coido que os son…O noso arredor non faltan guerras, non falta fame, non falta peste, e tampouco falta a morte.

Posted in Vino cos meus ollos | 2 Comments »

O FILLO DO CUCO

Posted by pepe penas o Novembro 16, 2005

ourizotres.jpg
Hai un refrán galego que dí: quen fai un fillo en muller allea, perdo o fillo e maila feitura; iso pasoulle o cuco, puxo un ovo nun niño que atopou nun castiñeiro e saiu unha castaña…sendo como era filla dun cuco chegou a ser a meirande..

Posted in Vino cos meus ollos | 5 Comments »

SOIDADE

Posted by pepe penas o Novembro 14, 2005

cadeira.jpg
Noutros tempos aqui era unha adega, a cadeira atopase so; lembrase que estivo nunha casa chea de xente: había bisavós, avós, pais e moitos fillos. Hoxe somentes ten a carón dela os fentos que están a piques de comela..ninguén se senta nela..só a soidade que acotío ven a darlle os bos dìas..

Posted in Vino cos meus ollos | 4 Comments »

PLATERO

Posted by pepe penas o Novembro 13, 2005

platero01.jpg
Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro.
Lo dejo suelto y se va al prado, y acaricia tibiamente con su hocico, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas… Lo llamo dulcemente: “¿Platero?”, y viene a mí con un trotecillo alegre que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal…
Juan Ramón Jimenez dixo todo isto del…cando ollei este burriño no Lago Castiñeiras, Pontevedra, non deixei de cavilar como chegaria alí..

Posted in Vino cos meus ollos | 2 Comments »

LAIDO DE CAN

Posted by pepe penas o Novembro 12, 2005

douscans.jpg
CAN NOVO.-Xa estou farto da explotacion do can polo home.
CAN VELLO.-Temos que facernos do sindicato CCDT ( cans cansados de traballar ); temos choio todo o día, traballamos só pola comida, non temos vacacións….

Posted in As fotos falan | 1 Comment »

ESES RATOS….

Posted by pepe penas o Novembro 11, 2005

cascabelgato.jpg
Estes cabróns de ratos oiron un conto no que un da súa raza dicía: “¿quién le pone el cascabel al gato?”. Queredes ver que agora colleron a cisma de colgarme un axóuxere o pescozo; ó primeiro que se achegue a min vouno esgazar coas uñas….

Posted in As fotos falan | 1 Comment »