Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

O VELLO MOTOR

Posted by pepe penas o Novembro 25, 2005

motor.jpg
Fai un mes estiven en Dorvisou na casa onde nacín; en cada curruncho dela vexo escenas dos primeiros anos da miña vida. Debaixo da palleira atopei a LISTER, ainda ten o nome gravado nun lado da cabeza, él e un vello motor que traballou toda a súa vida; primeiro serrando troncos alá pola Devesa, entre Dorvisou e Ollares, andivo con Ramón de Candido, o meu pai, e con Penas o Grande, avó de Paco Penas. Quizais non vos pareza certo, pero falei con él; se nono sabedes teño que dicirvos que os nenos son quen de falar con todas las cousas que hai no mundo, con cada unha falan unha lingua; LISTER e mais eu tamén falabamos, lembrome que a nosa conversa soaba algo así coma: tatatataaaa,tataaa,tatata… tiven que aprender , porque ese era o xeito do que el falaba. Faloume daqueles tempos pola Devesa, había unhos invernos que case duraban tanto coma o ano no que aperecían, tanto frío facía que o pobre do LISTER custaballe traballo comezar o día, os homes non tiñan tentos nos dedos das máns, os troncos semellaban croios polo duros que se poñían coa xiada e coa neve. Contoume que se deixara coa maquina de serrar e atopara unha nova compañeira, a maquina de mallar; neste tempo tivo un traballo mas levadeiro, só era no verán, aló polo mes de agosto, despois das malladora.jpgfestas da Piedaded nas Cruces, nese tempo comezaban as mallas; acarrexabase para a casa o trigo en carros de vacas, a malladora o que facía era separa-la palla do gran; era un traballo duro, pero era moito mais distraido ca serrar; nas mallas sempre habia moitisima xente, a LISTER gustaballe ver as mozas, pois ainda que era de ferro tamén tiña o seu corazón coma todolos mortais. Nesta época da súa vida sentiase preto dun paisano, nado en Calo a carón de Santiago de Compostela, que estivo o mando do V Regimiento na Guerra Civil, tamén lle chamaban LISTER, despois marchou para Rusia, e alí chegou a Xeneral; sentiase moi ledo cando, o sentir zoar a súa compañeira, mozos, mozas, homes, mulleres, rapaces, vellos ,vellas.. todos se xuntaban na casa onde se mallaba, todos semellaban traballar a suas ordes; os rapaces guindaban os mollos desde enriba da meda, outros homes metianllos na boca a malladora, outros quitaban a palla, outros facían o palleiro; as mulleres apañaban o gran..e os vellos e as vellas lembrabanse do que facían cando tiñan menos anos; a mais dun viñalle o sentido aquela loita que lle botara nunha malla a que era a súa muller. Con baguas nos ollos dixome que lle botaran a sona de que bebía; era certo que o facía, pero tiña que beber bencina para que lle viñera a forza para axudarlle a sua compañeira; eu tamén lle vin beber auga unha morea de veces, facía semellante calor que se poñia coma se tivera febre, entón tiña que meterlle auga para non morrer queimado: dixenlle que o deixara nas miñas mans, eu xa lle diría a todolos que o coñeceron qeu nunca fora un borracho, bebía para poder traballar; tiñan que facerme caso, porque cando eu dicía algunha cousa poñía cara de dicir a verdade e somentes a verdade ; os nenos nunca diciamos mentiras….ata que os meirandes nos ensinaron a contalas…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: