Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

CABALO CANSADO

Posted by pepe penas o Xaneiro 2, 2006

cabalocansado.jpg
Este e un cabalo cansado; como dicia a xente da miña aldea: fora a alma os aninais son o mesmo ca xente, se teñen famen comen, e se teñen sono deitanse a dormir. Ollando este retrato lembrome das “sopas de cabalo cansado”, unhas cuncas cheas de viño tinto, e acuguladas de pan ata que unha culler quedaba espetada de pé sin que caera nin para unha banda nin para a outra. Polo que eu sentía polas miñas orellas, disque non habia mellor cousa para ter a forza dun cabalo. ¡Que me leve o demo se algunha vez souben se eso era certo ou eran cousas de xente trangalleira!; fose o que fose, o certo e que endexamais cheguei a sabelo; de neno non tiven a coraxe de achegarme o viño tinto, dabame noxo; agora que pasaron os anos, ata boto pola gorxa un grolo de tinto…pero as sopas..deixollas para quen sexa amigo delas.
Cando olleí este cabaliño botando a siesta, lembreime da xente que tamén se deitaba dempois de pelexar cunha boa cunca de sopas…agora entendo porque lle chamaban sopas de cabalo cansado…..

2 Respostas to “CABALO CANSADO”

  1. acedre said

    Feliz ano, Pepe !.
    No meu blogo aparece todo normal.
    As sopas de burro cansado (tamen digo asi) son boas pero para descansar despois de tomalas, non para
    traballar.
    Un saudo.

  2. Muralla said

    Naqueles tempos de poucas cousas, todo era bon…para seguir traballando con máis ánimos.
    Bicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: