Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 17 Xaneiro 2006

A EVOLUCION

Posted by pepe penas o Xaneiro 17, 2006

roiterritorio.jpg
Coma todos sabemos os cans e outros animais non saben escribir nen falar; nos cando queremos que os demais se decaten que están nun sitio que é noso temos mais dun xeito de dicirllo; podemos poñer un letreiro que diga: propiedade privada, prohibido o paso ou tamén podemos darlle un berro para que nos oia. Pero e os cans,¿como fan os cans?..Fai moitos millóns de anos, cando ainda había poucos, de seguro que o que era dono de algo comezaba por ensinarlle os dentes o veciño mal cabido, ou ladraba de xeito que o outro collera medo e liscara co rabo no medio das pernas. Os tempos foron pasando, cans cada día había mais; xa non era doado andar todo o dia ensinado os dentes e ladrando coma un tolo. Segundo Charles Darwin os animais (nos tamén) evolucionan; os cans decataronse que gastarían moita menos enerxia ,se en vez de ladrar e ensinar os dentes, se botaran a dar un paseo, e coma que non quere a cousa, foran mexando por onde pasaban; os seus veciños poñerían moito tino de non poñer as patas onde tales sinales houbera; unhos foron aprendendo dos outros, e hoxe todos marcan o seu territorio con mexadas; os homes poñen valos, sebes, estacas con arames e letreiros. Agunhas veces ,polo visto, a evolución en vez de ir para diante vai para atrás; así, por exemplo, hai paxaros que perderon a facultade de voar. Dende fai unhos anos, nas partes vellas das cidades, hai algúns sitios que de tal xeito cheiran a mexo, que case che ven o desexo de respirar para fora. Neses sitios case non se ve a ninguén, pero de supeto hai dias que comezan a chegar cristianos por todalas bandas … xuntase xente e xente..tanta se xunta que custa traballo camiñar polo medio; ai non e doado poñer letreiros, nin sebes, nin marcos..¿será que a evolución dou un paso para atrás, e o xeito de non gastar tanta enerxía será facer coma o can desta foto…?

Posted in As fotos falan | 3 Comments »