Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

A EVOLUCION

Posted by pepe penas o Xaneiro 17, 2006

roiterritorio.jpg
Coma todos sabemos os cans e outros animais non saben escribir nen falar; nos cando queremos que os demais se decaten que están nun sitio que é noso temos mais dun xeito de dicirllo; podemos poñer un letreiro que diga: propiedade privada, prohibido o paso ou tamén podemos darlle un berro para que nos oia. Pero e os cans,¿como fan os cans?..Fai moitos millóns de anos, cando ainda había poucos, de seguro que o que era dono de algo comezaba por ensinarlle os dentes o veciño mal cabido, ou ladraba de xeito que o outro collera medo e liscara co rabo no medio das pernas. Os tempos foron pasando, cans cada día había mais; xa non era doado andar todo o dia ensinado os dentes e ladrando coma un tolo. Segundo Charles Darwin os animais (nos tamén) evolucionan; os cans decataronse que gastarían moita menos enerxia ,se en vez de ladrar e ensinar os dentes, se botaran a dar un paseo, e coma que non quere a cousa, foran mexando por onde pasaban; os seus veciños poñerían moito tino de non poñer as patas onde tales sinales houbera; unhos foron aprendendo dos outros, e hoxe todos marcan o seu territorio con mexadas; os homes poñen valos, sebes, estacas con arames e letreiros. Agunhas veces ,polo visto, a evolución en vez de ir para diante vai para atrás; así, por exemplo, hai paxaros que perderon a facultade de voar. Dende fai unhos anos, nas partes vellas das cidades, hai algúns sitios que de tal xeito cheiran a mexo, que case che ven o desexo de respirar para fora. Neses sitios case non se ve a ninguén, pero de supeto hai dias que comezan a chegar cristianos por todalas bandas … xuntase xente e xente..tanta se xunta que custa traballo camiñar polo medio; ai non e doado poñer letreiros, nin sebes, nin marcos..¿será que a evolución dou un paso para atrás, e o xeito de non gastar tanta enerxía será facer coma o can desta foto…?

3 Respostas to “A EVOLUCION”

  1. acedre said

    Dende logo hai veces que en vez de irmos para adiante recuamos un paso e asi nos vai. Os cans non tenhen tanta intelixencia coma nos para poderen discernir entre o ben e o mal feito e nos esquecemos que podemos razoar.

  2. Pepinho…

    Felicitaciones por el nuevo diseño!… Costa dos Arrieiros va para adiante!

  3. Muralla said

    Os humans costanos máis aprender as boas costumbres que os animáis.
    A min tamén me gusta muito o novo diseño
    Bicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: