Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Febreiro 2006

CAMPELO AIRPORT

Posted by pepe penas o Febreiro 27, 2006

gaivo02.jpg
PRAIA CAMPELO CONTROL GAIVOTA CERO SETE DOUS CATRO SOLICITO BAIXADA..

Posted in As fotos falan | 8 Comments »

CASTAÑAS

Posted by pepe penas o Febreiro 17, 2006

bestas.jpg
As castañas saen dos ourizos
hai bestas que son castañas
¿saen as bestas castañas dos ourizos… ?
¿….. ?

Posted in Babecadas | 4 Comments »

CORREDOIRAS BIKE

Posted by pepe penas o Febreiro 15, 2006

corredoiras01 corredoiras02
Cara al sol con la camisa nueevaa.
Despois dos Años Triunfales e dos Años de la Victoria chegaron os anos da fame. Nas escolas da España, Una, Grande y Libre os rapaces poñianse de pé, cantaban berrando ben alto, para dese xeito espantar a fame e esquecerse de que eran pobres; nestes intres eran o mesmiño cos fillos dos ricos: podían cantar o que cantaban eles; se se queixaban era de vicio, todolos días ensaiaban, para aprendelo ben, o exito do verán; exito que non sei se para ben, para mal ou para peor durou unha chea de veráns.
Cando saían da escola volvian a estar cara o sol, pero esta vez coa camisa rachada, en vez de poñer cara de satisfeitos cada un poñía a que lle cadraba, podía ser a de ir coas vacas, a de ir torna-la a auga os prados, a de sobar un carro de toxos, ou a de tirar das vacas que arrastraban a grade ou o canizo, namentras os meirandes ian postos derriba para facer peso e esmagar os cadullos; de cando en vez, para que non te esquezeras de quen mandaba, sentías dicir: !Turra polas vacas nugallań¡. Agunhas veces ian a feira das Cuces, e ali ollaban unhas bicicletas que lle quitaban o sono; como eran pobres nas podían mercar e tiñan que ir para a casa sin elas; eran rapaces tan pobres que xa que non tiñan quen lles dera nada; polas noites roubabanlle horas o sono e cavilaban na devandita bicleta; dempois de moitas feiras e moitas horas sin pechar ollo, souberon como facer unhas bicicletas de pau, fixeronas tan semellantes as que viran nas Cruces que ata andaban polas costas abaixo…Iso era o que facían: poñianse na cima da costa e botabanse coma tolos ata chegar o fondo, o chegar ali volta para cima da costa e veña baixada outra vez ata o fondo….eles nono sabían pero o que estaban a facer era “Corredorias Bike”, hoxe ten un nome algo distinto: chamanlle “Mountain Bike”; a cousa ven sendo moi semellante: botaste pola costa abaixo, volves para riba.. cando quedas sen folgo e non lle podes dar os pedais botaste a andar coa bicicleta coma se estiverades a dar un paseo; coma podedes ver semellase moito o que facían os rapaces nas corredorias. ¿parastevos algunha a vez a cavilar que farían aquelos nenos se tiveran unhos aparellos coma eses que temos agora que lle chaman Quads?…Ian a ser os reis do mundo, ian a chegar a campions, e ainda que non souberan o castelán a xente ia a entedelos o mesmo..Os campións non teñen que saber idiomas.. falan coa xente ensinandolle o que saben facer…

Posted in Lembranzas dun neno | 2 Comments »

MAMOA DE CASTIÑEIRAS

Posted by pepe penas o Febreiro 10, 2006

mamoa1 mamoa2
mamoa3 mamoa4
Ano 1500?..2000?..3000?..4000? a.c.; non hai televisión, non hai xornais…pero xa hai morte. Alguén que morreu en algures foi soterrado nesta mamoa, quizais os veciños coñeceran cal era o seu nome, quizais algún deles dixera algunhas verbas na súa honra; quizais moitas mulleres, vellos, mozos e nenos tiveran as suas fazulas molladas polas bagoas que escorregaban dende os ollos; cando rematou todo alí non quedou ninguén, cadaquen marchou para súa casa..alguén virou a cabeza e dixo con mágoa:¡que sos quedan os mortos.!
Cambiaron os tempos, pasaron días, anos, siglos, choveu, escampou…e nese escampo alguén quixo facer unha estrada; atoparon unhas pedras no medio da terra, cunhas maquinas de ferro bouraron nelas ata esnaquizalas…alguén lembrouse do sós que quedan os mortos e tentou poñerlle remedio a desfeita; quizais se lembrara dos que espertaron do sono eterno e quixo facerlle un agarimo. Con moito traballo e tempo perdido acadaron volver a poñer en pé a casa onde repousaban algúns dos nosos devanceiros. Ollamos un plano que di onde está a mamoa que foi salvada das uñas da maquina do demo; seguindo as indicacións chegamos o sitio onde se atopa a casa dos mortos…xa non omamoa5 mesmo coma cando comezaron as obras, nin e do xeito que a lembran nesta Web; agora vese coma mostran estas fotos.. as xesta comezan a nacer polo medio das pedras, tanto han medrar que chegará un día en que nonos deixen ver o tesouro que lle tiñamos gañado o esquecemento…un día alguén ollará ese mapa, sentirá desexos de achegarse a casa que foi doutras xentes, e nona atopara; tampouco se decatará de que as xestas botarán unhas risas e atá coidarán que os humáns son moi deixados..os mortos siguen a estar sós coma sempre; se alguén non se decata a tempo de que a soidade non e boa compañeira, rematarán chegando toxos, mais xestas, fieitos, botaran lixo por riba..e quen sabe se alguén tentara facer outra estrada… virá outro demo de ferro e esnaquizará as pedras de tal xeito que semellará que alí endexamais houbo ningunha cousa…daquela somentes teremos forza para dicir, cos ollos cheos de bagoas: ¡que sós quedan os mortos…!

Posted in Cousas da terra | 5 Comments »

XEITOS DE MEDIR

Posted by pepe penas o Febreiro 7, 2006

graosoidade.jpg
¿ De que xeito se mide o grao de amizade ?
¿ e ó de coraxe ?
¿ e ó de soidade… ?
¿ quizais con ese aparello que temos diante dos ollos.. ?

Posted in As fotos falan | 4 Comments »

PULGAS

Posted by pepe penas o Febreiro 5, 2006

cansdous.jpg
Teño que dicirlle o veterinario que me traia unha menciña para mata-las pulgas…¡Xa estou cheo de quitarllas coas mans a este lacazán!..¡Tan siquiera fose un chisco agradecido!..¡sempre está roñando conmigo!…xa o di a xente: hai algúns cans que fora a alma son coma nos…

Posted in Vino cos meus ollos | 5 Comments »

DUBIDAS

Posted by pepe penas o Febreiro 3, 2006

gaivotavento.jpg
A Xoan Salvador Gaivota gustarialle deixarse levar polo aire… tan enferruxado ve o viraventos, que de supeto na súa vida todo son dubidas.
¿irá de verdade o vento para onde di ese aparello.?

Posted in Vino cos meus ollos | 4 Comments »

MAGOA

Posted by pepe penas o Febreiro 1, 2006

zapatos.jpg
Non sei quen foi o que o dixo… podías ser ti, podía ser eu..ou o que tivo unha fabrica e quedou sin ela.
Tiven magoa por non ter zapatos ata que vin a quen non tiña pes.

Posted in As fotos falan | 4 Comments »