Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 10 Febreiro 2006

MAMOA DE CASTIÑEIRAS

Posted by pepe penas o Febreiro 10, 2006

mamoa1 mamoa2
mamoa3 mamoa4
Ano 1500?..2000?..3000?..4000? a.c.; non hai televisión, non hai xornais…pero xa hai morte. Alguén que morreu en algures foi soterrado nesta mamoa, quizais os veciños coñeceran cal era o seu nome, quizais algún deles dixera algunhas verbas na súa honra; quizais moitas mulleres, vellos, mozos e nenos tiveran as suas fazulas molladas polas bagoas que escorregaban dende os ollos; cando rematou todo alí non quedou ninguén, cadaquen marchou para súa casa..alguén virou a cabeza e dixo con mágoa:¡que sos quedan os mortos.!
Cambiaron os tempos, pasaron días, anos, siglos, choveu, escampou…e nese escampo alguén quixo facer unha estrada; atoparon unhas pedras no medio da terra, cunhas maquinas de ferro bouraron nelas ata esnaquizalas…alguén lembrouse do sós que quedan os mortos e tentou poñerlle remedio a desfeita; quizais se lembrara dos que espertaron do sono eterno e quixo facerlle un agarimo. Con moito traballo e tempo perdido acadaron volver a poñer en pé a casa onde repousaban algúns dos nosos devanceiros. Ollamos un plano que di onde está a mamoa que foi salvada das uñas da maquina do demo; seguindo as indicacións chegamos o sitio onde se atopa a casa dos mortos…xa non omamoa5 mesmo coma cando comezaron as obras, nin e do xeito que a lembran nesta Web; agora vese coma mostran estas fotos.. as xesta comezan a nacer polo medio das pedras, tanto han medrar que chegará un día en que nonos deixen ver o tesouro que lle tiñamos gañado o esquecemento…un día alguén ollará ese mapa, sentirá desexos de achegarse a casa que foi doutras xentes, e nona atopara; tampouco se decatará de que as xestas botarán unhas risas e atá coidarán que os humáns son moi deixados..os mortos siguen a estar sós coma sempre; se alguén non se decata a tempo de que a soidade non e boa compañeira, rematarán chegando toxos, mais xestas, fieitos, botaran lixo por riba..e quen sabe se alguén tentara facer outra estrada… virá outro demo de ferro e esnaquizará as pedras de tal xeito que semellará que alí endexamais houbo ningunha cousa…daquela somentes teremos forza para dicir, cos ollos cheos de bagoas: ¡que sós quedan os mortos…!

Posted in Cousas da terra | 5 Comments »