Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

MAMOA DE CASTIÑEIRAS

Posted by pepe penas o Febreiro 10, 2006

mamoa1 mamoa2
mamoa3 mamoa4
Ano 1500?..2000?..3000?..4000? a.c.; non hai televisión, non hai xornais…pero xa hai morte. Alguén que morreu en algures foi soterrado nesta mamoa, quizais os veciños coñeceran cal era o seu nome, quizais algún deles dixera algunhas verbas na súa honra; quizais moitas mulleres, vellos, mozos e nenos tiveran as suas fazulas molladas polas bagoas que escorregaban dende os ollos; cando rematou todo alí non quedou ninguén, cadaquen marchou para súa casa..alguén virou a cabeza e dixo con mágoa:¡que sos quedan os mortos.!
Cambiaron os tempos, pasaron días, anos, siglos, choveu, escampou…e nese escampo alguén quixo facer unha estrada; atoparon unhas pedras no medio da terra, cunhas maquinas de ferro bouraron nelas ata esnaquizalas…alguén lembrouse do sós que quedan os mortos e tentou poñerlle remedio a desfeita; quizais se lembrara dos que espertaron do sono eterno e quixo facerlle un agarimo. Con moito traballo e tempo perdido acadaron volver a poñer en pé a casa onde repousaban algúns dos nosos devanceiros. Ollamos un plano que di onde está a mamoa que foi salvada das uñas da maquina do demo; seguindo as indicacións chegamos o sitio onde se atopa a casa dos mortos…xa non omamoa5 mesmo coma cando comezaron as obras, nin e do xeito que a lembran nesta Web; agora vese coma mostran estas fotos.. as xesta comezan a nacer polo medio das pedras, tanto han medrar que chegará un día en que nonos deixen ver o tesouro que lle tiñamos gañado o esquecemento…un día alguén ollará ese mapa, sentirá desexos de achegarse a casa que foi doutras xentes, e nona atopara; tampouco se decatará de que as xestas botarán unhas risas e atá coidarán que os humáns son moi deixados..os mortos siguen a estar sós coma sempre; se alguén non se decata a tempo de que a soidade non e boa compañeira, rematarán chegando toxos, mais xestas, fieitos, botaran lixo por riba..e quen sabe se alguén tentara facer outra estrada… virá outro demo de ferro e esnaquizará as pedras de tal xeito que semellará que alí endexamais houbo ningunha cousa…daquela somentes teremos forza para dicir, cos ollos cheos de bagoas: ¡que sós quedan os mortos…!

5 Respostas to “MAMOA DE CASTIÑEIRAS”

  1. acedre said

    Esquecemento sobre esquecemento e asi ata o fin do mundo.
    Hai anos, cando descubrin que estaban desenterrando Jerico, quedei asustado cando dixeron que habia seis Jerico un por riba do outro !!!.

  2. opaco said

    E menos mal que alguén se preocupou de poñela en pé, que de non ser así, de seguro que xa a terían levado por diante.

  3. Muralla said

    Teño que enseñarlle este post o meu home, que é mui aficionado as mámoas, e prepararme pra ir a vela no verán…
    Gracias pola información e bicos.

  4. Magda said

    Un abrazo para ti en este día del amor y la amistad.

    Muchas felicidades
    (14.02.06)

  5. Larvós said

    Mete medo este país. Se chegamos a ter aquí o stonehenge é posíbel que algún especulador fose quen de convertelo en chalets adosados rurais deses que alugan os fodechinchos que veñen coñecer iso que eu nunca vin por ningures, e que adoitan chamar “la galicia profunda”.

    Parabéns polo post.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: