Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

CORREDOIRAS BIKE

Posted by pepe penas o Febreiro 15, 2006

corredoiras01 corredoiras02
Cara al sol con la camisa nueevaa.
Despois dos Años Triunfales e dos Años de la Victoria chegaron os anos da fame. Nas escolas da España, Una, Grande y Libre os rapaces poñianse de pé, cantaban berrando ben alto, para dese xeito espantar a fame e esquecerse de que eran pobres; nestes intres eran o mesmiño cos fillos dos ricos: podían cantar o que cantaban eles; se se queixaban era de vicio, todolos días ensaiaban, para aprendelo ben, o exito do verán; exito que non sei se para ben, para mal ou para peor durou unha chea de veráns.
Cando saían da escola volvian a estar cara o sol, pero esta vez coa camisa rachada, en vez de poñer cara de satisfeitos cada un poñía a que lle cadraba, podía ser a de ir coas vacas, a de ir torna-la a auga os prados, a de sobar un carro de toxos, ou a de tirar das vacas que arrastraban a grade ou o canizo, namentras os meirandes ian postos derriba para facer peso e esmagar os cadullos; de cando en vez, para que non te esquezeras de quen mandaba, sentías dicir: !Turra polas vacas nugallań¡. Agunhas veces ian a feira das Cuces, e ali ollaban unhas bicicletas que lle quitaban o sono; como eran pobres nas podían mercar e tiñan que ir para a casa sin elas; eran rapaces tan pobres que xa que non tiñan quen lles dera nada; polas noites roubabanlle horas o sono e cavilaban na devandita bicleta; dempois de moitas feiras e moitas horas sin pechar ollo, souberon como facer unhas bicicletas de pau, fixeronas tan semellantes as que viran nas Cruces que ata andaban polas costas abaixo…Iso era o que facían: poñianse na cima da costa e botabanse coma tolos ata chegar o fondo, o chegar ali volta para cima da costa e veña baixada outra vez ata o fondo….eles nono sabían pero o que estaban a facer era “Corredorias Bike”, hoxe ten un nome algo distinto: chamanlle “Mountain Bike”; a cousa ven sendo moi semellante: botaste pola costa abaixo, volves para riba.. cando quedas sen folgo e non lle podes dar os pedais botaste a andar coa bicicleta coma se estiverades a dar un paseo; coma podedes ver semellase moito o que facían os rapaces nas corredorias. ¿parastevos algunha a vez a cavilar que farían aquelos nenos se tiveran unhos aparellos coma eses que temos agora que lle chaman Quads?…Ian a ser os reis do mundo, ian a chegar a campions, e ainda que non souberan o castelán a xente ia a entedelos o mesmo..Os campións non teñen que saber idiomas.. falan coa xente ensinandolle o que saben facer…

2 Respostas to “CORREDOIRAS BIKE”

  1. acedre said

    Dende logo a necesidade e o estimulo do enxenho: non tinhas unha bici de verdade…pois facias unha de madeira e xa estaba.
    Nestes tempos hai muito xoguete de mais, demasiado tecnoloxico e complicado e o unico que se fai co iso e aparvar aos nenos porque daselles unha cousa xa feita e demasiado complicada para comprendela. Asi destripan o xoguete ou rematan aburridos del nun dia porque non saben como funciona e queren saber.

  2. O inxenio a metade das veces parte da necesidade.
    Unha aperta.🙂

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: