Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

UN HOME CHAMADO CABALO

Posted by pepe penas o Marzo 2, 2006

homecabalo.jpg
Benquerida Carme teño que dicir que cada día sinto mais admiración por ti, hoxe decateime que non e moi doado levar para diante unha cousa coma Cine de Barrio. Verás, estiven a ollar as fotos que teño gardadas no ordenador; hai moitas, hay moreas..algunhas non me din nada e outras non sei que é o que me queren dicir, no medio de todas elas atopei este fermoso cabalo..tan axiña coma lle botei o ollo sentín un suor frio, sentín coma se me estarricaran o corpo, por riba unha corda atada o pescozo, polos pes un penedo grande, tan grande coma unha casa; o meu corpo non tiña acougo; a mitade semellaba querer ir canda o pescozo e a outra mitade tiña o desexo de ir coa pedra; unha corda turraba para riba e a outra faciao para abaixo…semellaba estar metido no medio dun soño;¡estaba ollando un cabalo que se ia afogar guindandose ao rio cunha pedra atada o pescozo!…¡non podia ser certo!…¡aquilo non podía ser un cabalo suicida!; non, non..estamos nos carnavais e isto seguro que era un home que se visteu de cabalo; ¿ou seria un cabalo que se quixo disfrazar dun home que se ia suicidar?..¿ou seria un cabalo que comeu un home cunha pedra atada o pescozo?, ¿ou sería un cabalo que pasaba por ali e alguén atoulle unha corda cunha pedra para que non fuxira?..¿ou sería un home que se quixo suicidar dentro dun cabalo?.Xa non sabía que cavilar, Carmiña, xa non sabía nada, xa case non sabia o que ia facer…. De supeto lembreime de ti; de cando en vez non sabes que dicir, trabucaste e dis cousas que fan que a xente se escaralle coa risa; hai quen di que o fas adrede, os que che teñen envexa; a xente que che quere ben din que ti es así; eu estou cos que din que ti es asi; ca historia do cabalo decateime que a miudo non sabes que dicir nin que facer e tes que deixar que as cousas saian o seu aire; de cando en vez as palabras que estan amontoadas nos miolos, de calquera xeito, poñense o carro e saen pola boca coma se foran ben guiadas, ata din cousas con algo de xuizo. Grazas Carme.. por ti lembreime de Cine de Barrio, lembreime do que eu queria facer: escribir algo no meu cine; teño que dicir que o meu cine non ten nin un anaquiño da popularidade que ten o teu, o meu e moi pobriño, e deses de andar pola casa…Non tiven coraxe a chamarlle Cine de Barrio, coidei que sería un roubo, puxenlle o nome de Cine na Rua e Novas. Grazas Carme unha vez mais, xa non sinto anguria polo cabaliño..agora decateime do que había naquela foto.. ¿sabes que ollei miña rula?..Pois… voucho dicir: unha pelicula; en castelán dinlle: UN HOMBRE LLAMADO CABALLO.

3 Respostas to “UN HOME CHAMADO CABALO”

  1. Larvós said

    Pola miña parte quédome coa versión do home que se suicidou nun cabalo cunha pedra ao pescozo. Iso é alarde de imaxinación, si señor.

    Unha aperta.

  2. náufrago said

    Cando eu vexo un cabalo vexo unha fermosa criatura ceibe que, para a súa desgraza, tivo que vir ao mesmo planeta cá nós, “os burros”. Saúdos.

  3. acedre said

    Pois a min dame que ese cabalo e o protagonista dun comic: O cabalo tranquilo.

    http://www.culturagalega.org/bd/extra_detalle_mov.php?id=798#Escena_1

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: