Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 5 Marzo 2006

TAL DIA COMA HOXE

Posted by pepe penas o Marzo 5, 2006

diahora.jpg
Fai algúns anos, poñamos ..taitantos, as sete da mañán dun martes 5 de marzo do ano 19..taitantos, naceu unha nena que pesou 3,430 Kg.; ainda que ela nono sabía traia o nome posto; os seus pais xa sabian facía moito tempo como se chamaba, falaran entre eles unha morea de veces e tiñan o desexo de que fora coñecida no mundo coma Marta; non levaba ningún número; os fillos dos reis levan un número: a uns chamanlle Primeiro, a otros Segundo, a outros Terceiro..coido que quizais sexa para saber cantos teñen, ou quizais para que os nenos que veñan despois saiban que houbo antes ca eles outros que ademais de ter un nome tiñan un número. Sexa como sexa a nosa Marta non quedou sen o número..como naceu a primeira, polo menos para os seus pais sempre ha de ser Marta I; do que non me lembro e que trouxeras un anaco de pan debaixo do brazo, de pequerrecho sempre sentín dicir que os nenos cando nacían viñan con él; coido que non sempre era certo, de seguro que había nenos que nono traían..senón, ¿porque pedían para os nenos pobres.?. ¿lembraste cando ias co teu irmán e maila túa nai de excursión ata a Coca-Cola,en Poio; era o único xeito de que comerades a merenda. Tua nai, teu pai. teu irmán, túa avoa..todolos que se lembran de ti e querenche, desexan que teñas un día de moita felicidade na compaña de Ramón. ¡From Pontevedra to Houston with Love!

Posted in Cousas da terra | 8 Comments »