Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

TAL DIA COMA HOXE

Posted by pepe penas o Marzo 5, 2006

diahora.jpg
Fai algúns anos, poñamos ..taitantos, as sete da mañán dun martes 5 de marzo do ano 19..taitantos, naceu unha nena que pesou 3,430 Kg.; ainda que ela nono sabía traia o nome posto; os seus pais xa sabian facía moito tempo como se chamaba, falaran entre eles unha morea de veces e tiñan o desexo de que fora coñecida no mundo coma Marta; non levaba ningún número; os fillos dos reis levan un número: a uns chamanlle Primeiro, a otros Segundo, a outros Terceiro..coido que quizais sexa para saber cantos teñen, ou quizais para que os nenos que veñan despois saiban que houbo antes ca eles outros que ademais de ter un nome tiñan un número. Sexa como sexa a nosa Marta non quedou sen o número..como naceu a primeira, polo menos para os seus pais sempre ha de ser Marta I; do que non me lembro e que trouxeras un anaco de pan debaixo do brazo, de pequerrecho sempre sentín dicir que os nenos cando nacían viñan con él; coido que non sempre era certo, de seguro que había nenos que nono traían..senón, ¿porque pedían para os nenos pobres.?. ¿lembraste cando ias co teu irmán e maila túa nai de excursión ata a Coca-Cola,en Poio; era o único xeito de que comerades a merenda. Tua nai, teu pai. teu irmán, túa avoa..todolos que se lembran de ti e querenche, desexan que teñas un día de moita felicidade na compaña de Ramón. ¡From Pontevedra to Houston with Love!

8 Respostas to “TAL DIA COMA HOXE”

  1. texasgirl said

    Gracias,
    As distancias son pequenas cando o amor e grande e ten alas. Vos tamen merecedes felicidades, se cabe mais ca min..sodes vos os que me puxestes neste mundo e os que me distes o pan para o camiño, os que me ensinastes todo o que de verdade importa, os que estades sempre ahi por mais voltas que da a miña vida..os que estaredes sempre no meu corazon. Felicidades a todos vos!

  2. acedre said

    Non me gusta meter os fucinhos en asuntos familiares pero gustariame tamen felicitar a Marta no seu aniversario.
    Felicidades, Marta !!.

  3. PARABENS Marta! e PARABENS tamén para o emocionado pai polas palabras da “súa nena”.

    Unha aperta para @s dous.🙂

  4. Parabéns tamén, Marta, dende lonxe pero moi sentidos!

  5. Pepinho…

    Tes um xeito… Parabens para Marta e toda a familia!

  6. Muralla said

    Felicidades a Marta. Por duas cousas: por cumplir anos e por haber escollido este pai.
    Bicos os dous, millor dito os tres, porque semblame que a nai tamén debeu ter algo que ver…

  7. thirthe said

    pasar por aquí e non dar os parabéns…

    Felicidades!!!

  8. mad said

    Llego algo tarde, pero aún en la novena, ¿no? Muchas felicidades a mi tocaya y a su padre y al resto de la familia…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: