Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 8 Marzo 2006

CARTA AO SR. QUEVEDO

Posted by pepe penas o Marzo 8, 2006

moitanariz.jpg
A UNA NARIZ

Érase un hombre a una nariz pegado,
érase una nariz superlativa,
érase una nariz sayón y escriba,
érase un peje espada muy barbado.

Era un reloj de sol mal encarado,

érase una alquitara pensativa,
érase un elefante boca arriba,
era Ovidio Nasón más narizado.

Érase un espolón de una galera,
érase una pirámide de Egipto,
las doce Tribus de narices era.

Érase un naricísimo infinito,
muchísimo nariz, nariz tan fiera
que en la cara de Anás fuera delito.

Sr.Quevedo grande tiña que ser a nariz da que vostede nos fala, moi longa, moi longa tiña que ser cando di que era un home a unha nariz apegado; se era unha nariz superlativa, que me levo o demo se non era unha “naricisima”, que grande tiña que ser para semellarse a un peixe espada; que longa era lembrado o reloxo de sol que habia na casa dos meus avós..grande, grande era vendo no meu maxin semellante aparello que saia da caldeira de cobre onde se facía a aguardiente na miña aldea; endexamais ollei un elefante boca arriba, pero si lembro un que viña na enciclopedia que tiña na escola de Dorvisou, dende os ollos colgallabe un anaco de nariz que chegaba ata o chán; nunca estiven en Exipto, no libro que dixen denantes había un debuxo dunha piramide, ¡miña naiciña, que cousa grande!. Ata ai ainda vou comprendendo, pero sr. Quevedo cando di que as doce tribus de narices era; ai xa vostede me amola, non me sinto con forzas para imaxinar unha nariz tan grande, ¿como sería unha nariz feita coas narices dos doce fillos de Xacobe?, e ainda por riba coas dos fillos dos fillos,e ainda para mais coas dos fillos dos fillos dos fillos. O meu entender e vostede un chisco mintireiro Sr. Quevedo; diga vostede conmigo: a semellante nariz non habia cristiano que puidese ir apegado.

Posted in Lembranzas dun neno | 7 Comments »