Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

CARTA AO SR. QUEVEDO

Posted by pepe penas o Marzo 8, 2006

moitanariz.jpg
A UNA NARIZ

Érase un hombre a una nariz pegado,
érase una nariz superlativa,
érase una nariz sayón y escriba,
érase un peje espada muy barbado.

Era un reloj de sol mal encarado,

érase una alquitara pensativa,
érase un elefante boca arriba,
era Ovidio Nasón más narizado.

Érase un espolón de una galera,
érase una pirámide de Egipto,
las doce Tribus de narices era.

Érase un naricísimo infinito,
muchísimo nariz, nariz tan fiera
que en la cara de Anás fuera delito.

Sr.Quevedo grande tiña que ser a nariz da que vostede nos fala, moi longa, moi longa tiña que ser cando di que era un home a unha nariz apegado; se era unha nariz superlativa, que me levo o demo se non era unha “naricisima”, que grande tiña que ser para semellarse a un peixe espada; que longa era lembrado o reloxo de sol que habia na casa dos meus avós..grande, grande era vendo no meu maxin semellante aparello que saia da caldeira de cobre onde se facía a aguardiente na miña aldea; endexamais ollei un elefante boca arriba, pero si lembro un que viña na enciclopedia que tiña na escola de Dorvisou, dende os ollos colgallabe un anaco de nariz que chegaba ata o chán; nunca estiven en Exipto, no libro que dixen denantes había un debuxo dunha piramide, ¡miña naiciña, que cousa grande!. Ata ai ainda vou comprendendo, pero sr. Quevedo cando di que as doce tribus de narices era; ai xa vostede me amola, non me sinto con forzas para imaxinar unha nariz tan grande, ¿como sería unha nariz feita coas narices dos doce fillos de Xacobe?, e ainda por riba coas dos fillos dos fillos,e ainda para mais coas dos fillos dos fillos dos fillos. O meu entender e vostede un chisco mintireiro Sr. Quevedo; diga vostede conmigo: a semellante nariz non habia cristiano que puidese ir apegado.

7 Respostas to “CARTA AO SR. QUEVEDO”

  1. náufrago said

    Demostración do paso do tempo: cando era cativo – eu tamén fun un cativo – o corredor da casa dos meus pais parecíame inmenso. Agora, cando vou á súa casa, todo é pequeno. E incluso eu son máis alto ca o meu pai, que me parecía un xigante.

  2. acedre said

    Dende logo o odio que sentia Quevedo por Gongora era esaxerado de mais. Vaia maneira de chamarlle napias !.

  3. acedre said

    Eh, cambiache a foto. Decheste conta de que tinhas unha foto repetida.

  4. pepe penas said

    acedre. Certo, decateime e puxen outra.

  5. Larvós said

    A xente que fai sorna dos defectos alleos (os das súas peculiaridades físicas) a verdade é que non teñen ningunha graza. Eu adoro a xente de bo humor, pero iso nunca me pareceu humor. Máis ben cheirame a mala hostia.

  6. nando said

    Ola! Preciso falar contigo… mais non atopo o enderzo de correo electrónico no perfil. ¿podes escreberme a nandinho_gz@hotmail.com? GRAZAS!!

  7. Muralla said

    Ese poema ainda o sei de memoria hoxe…
    Tiña que ser de aupa o señor Quevedo…
    Bicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: