Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for 17 Marzo 2006

REGRESION

Posted by pepe penas o Marzo 17, 2006

Hai cousas que semellan ser mentira…unhas son e outras non; e o mesmo coma cando dicimos se pican os pimintos de Padrón, polo visto uns si e outros non…
Comezou a ler naquel libro que lle prestrara un amigo, era un chisco raro o devandito libro, falaba de Hipnose e Regresión; polo visto podías ir para atrás na túa vida,tanto..tanto que podías chegar a cando naciches e ainda moito mais, ata chegar a outras vidas..estaba lendo e cavilaba que eran contos dos vellos de antes, non pagaba a pena darlle creto; canto mas lia mais mentira lle parecía. Sentía que lle pesaban as pálpebras, os ollos ianselle pechando e sentía tanto sono coma gana de comer cando levaba catro días sen facelo; dentro da súa cabeza ollou duas fotos: unha era de arestora e a outra de cando tiña vinte anos.
¡Miña naiciña que escarallado estaba!, agora tiña pouco pelo, e por riba era branco, as orellas coma as dun elefante, a nariz tan grande coma a do soneto de Quevedo, o pescozo.. semellaba que lle cortaran un anaco, o bandullo saialle por fora da chaqueta…Cada segundo que pasaba ian aparecendo mais imaxes, cada vez era mais novo, cantas mais aparecían mais estragado semellaba estar; de supeto escureceu, foi coma se se fixera noite pecha, sinteu coma lle zorregaban unha patada nos cadris, tanta foi a dor que tivo que lle escintilaron os ollos e mirou un home que dicía:
-Este carallo de can xa volveu a comer os chourizos.
Coxeando botou unha carreira, meteuse no palleiro, e ali quedou a dormir rabiando de dor…non soubo canto tempo estivo; cando espertou tiña o libro diante dos ollos, semellaba coma se quixera pasar a folla.. sentía tal dor de cadris que se levantou, achegouse a cama coa idea de deitarse; botoulle unha derradeira ollada o que estaba lendo e dixo:
-Non se pode ler tanto tempo seguido… remata un desfeito..

Posted in Babecadas | 6 Comments »