Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

REGRESION

Posted by pepe penas o Marzo 17, 2006

Hai cousas que semellan ser mentira…unhas son e outras non; e o mesmo coma cando dicimos se pican os pimintos de Padrón, polo visto uns si e outros non…
Comezou a ler naquel libro que lle prestrara un amigo, era un chisco raro o devandito libro, falaba de Hipnose e Regresión; polo visto podías ir para atrás na túa vida,tanto..tanto que podías chegar a cando naciches e ainda moito mais, ata chegar a outras vidas..estaba lendo e cavilaba que eran contos dos vellos de antes, non pagaba a pena darlle creto; canto mas lia mais mentira lle parecía. Sentía que lle pesaban as pálpebras, os ollos ianselle pechando e sentía tanto sono coma gana de comer cando levaba catro días sen facelo; dentro da súa cabeza ollou duas fotos: unha era de arestora e a outra de cando tiña vinte anos.
¡Miña naiciña que escarallado estaba!, agora tiña pouco pelo, e por riba era branco, as orellas coma as dun elefante, a nariz tan grande coma a do soneto de Quevedo, o pescozo.. semellaba que lle cortaran un anaco, o bandullo saialle por fora da chaqueta…Cada segundo que pasaba ian aparecendo mais imaxes, cada vez era mais novo, cantas mais aparecían mais estragado semellaba estar; de supeto escureceu, foi coma se se fixera noite pecha, sinteu coma lle zorregaban unha patada nos cadris, tanta foi a dor que tivo que lle escintilaron os ollos e mirou un home que dicía:
-Este carallo de can xa volveu a comer os chourizos.
Coxeando botou unha carreira, meteuse no palleiro, e ali quedou a dormir rabiando de dor…non soubo canto tempo estivo; cando espertou tiña o libro diante dos ollos, semellaba coma se quixera pasar a folla.. sentía tal dor de cadris que se levantou, achegouse a cama coa idea de deitarse; botoulle unha derradeira ollada o que estaba lendo e dixo:
-Non se pode ler tanto tempo seguido… remata un desfeito..

6 Respostas to “REGRESION”

  1. acedre said

    Antes de nada, felicidades polo teu santo.
    Este texto que puxeche gustoume un cacho. Normalmente a xente cando pensa nas reencarnacions e noutras vidas pasadas, pensan que foron faraons exipcios e emperadores romanos e demais elites. O que non saben e que o mais seguro e que foron cans ou, como muito, esclavos e vasalos dos imperios antigos.
    Un saudo.

  2. muralla said

    Poderia repetir enteiriño o comentario do “pai en ciernes”, Acedre, pero repetireino:
    Felicidades de santo con algo de retraso e felicidades actualizadas polo escrito que está xenial, ainda que vindo dun xenio paisano non mextraña nada.
    Unha aperta ben forte…

  3. Larvós said

    Unha historia xenial e simpática. Semella un texto inédito de Cunqueiro (o que é, sen dúbida, un grande honor)

  4. acedre said

    Gracinhas polo comentario no meu blogo. O meu fillo foi enxendrado nos EEUU (esas calores da Florida…) pero vai nacer galego.
    Un saudo.

  5. Buenas tardes, hace mucho que no entro es este blog.
    Hablando de regresion aqui os dejo un enlance de una pagina de gente mayor de Galicia hablando de sus historias. Son labregos muiñeiros sastres etc. Hay contoas cantigas y demas.
    Espero que les guste.
    http://www.conversas.org

  6. J.I Pérez Fijó said

    Un apunte, para escuchar los archivos de audio se necesita tener instalado el realplayer.
    Saludos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: