Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

AGARIMOSOS

Posted by pepe penas o Abril 6, 2006

setevidas.jpg
Hai xente que di: un home é un home e un gato é un becho. Razón non lle falta, pero xa que temos sete vidas en cada unha delas aprendemos a querernos un chisco mais…os homes só teñenn unha e case sempre están a piques de matarse. ¿que sería deles se tiveran tantas vidas coma nos?..¿Perderían o tempo matandose en todas elas?

6 Respostas to “AGARIMOSOS”

  1. acedre said

    Un home e un home, un ghato e un micho e unha muller un carrapicho.
    Eu seino asi.

  2. maray furnari said

    Aqui diz-se que quando um homem é lindo, é um gato!

  3. larvós said

    Pois cando eu era neno era “un home é un home, un ghato un micho e un pau un carrapicho”.

    Pois si que hai variantes.

  4. dofun said

    un home é un home,
    un ghato é un bicho,
    unha muller un capricho,
    e un pau… un carabullo

    …se nós tivésemos 7 vidas, gastaríamolas saltando dende cumios imposibles, afogando entre os pesqueiros afundidos, xogando á ruleta rusa con escopetas de caza, apostando resistencia con cócteles molotov, apretando ben forte os cables de alta tensión, aguantando os folgos cavando fosas a 1000 metros de profundidade e facendo parar o corazón en orgasmos eternos…

  5. TeRMi said

    Eu tamén son dos que din que un gato é un micho e non un becho…

  6. Muralla said

    Pois por desgracia eu no sabía o dito e agora non sei con cal quedarme, así que quedareime ca foto que é unha preciosidade…
    Bicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: