Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

Archive for Maio 2006

O MERLO E AS CEREIXAS

Posted by pepe penas o Maio 30, 2006

Lendo no Blog de Peke lembreime dos meus tempos de neno, do agarimo que lle tiña as cereixas, e do pouco que lle quería aos lambóns dos merlos; a verdade e que mal mal non lle quería, cando Candido de García atopaba algún niño e me dicia del eu botaba moito tempo ollando aqueles paxariños que somentes tiñan boca merlobusca.jpg e que abriana tanto que semellaba que lle cabia nela toda a comida do mundo. A miña teima aos merlos comezou por unha pequecha rivalidade: na casa dos meus avós había unha cerdeira grande que tiña unhas cereixas que daba o xenio velas, eran grandes, rubias coma tomates, e sabían moito millor ca comida que poñian a hora de xantar, chamanbanlle francesas; o conto e que eu subiame a cerdeira, gustabame coller as cereixas das polas mais altas; cando chegaba aló enriba, dabame a gana de collelo merlo polo pescozo e retorcerllo, as mellores, sempre sempre estaban a medio comer polo carallo do paxaro; todolos dias chegaba primeiro ca min; eu comezaba a subir a cerdeira, e él escapaba voando e berrando coma se me estivera facendo mofa; daquela eu era un neno e o xeito que tiña de escorrentalo era guindandolle pedras, nunca lle atinei; en canto se decataba de que marchara o inimigo, volvía e papaba nas cereixas coma se estivera adoecido coa fame. Marchei da aldea e coido que non volvin a saber mais do merlo. Pero vaite que o outro día estando na casa de miña sogra mirando a cor que tiñan as cereixas, ollei un merlo que se pousaba nunha arbore cerca, dali pasou a outra, voando moi baixo; eu seguin ollando as cereixas cavilando no ben que saberían; afasteime da cerdeira e de supeto vino outra vez, viña caladiño e voando baixo, puxose a beira dunhas maduriñas e comezou a picar nelas hasta que se fartou. Non sei será parente daquel que coñecia en Dorvisou, pero listo e larpeiro era o mesmiño ca él…Desta vez non lle guindei pedras, pero dixen para min:¡ ladróns aquí andan, collinos no allo ! ( 1) , quiteille un retrato, estiven cavilando se levalo a xuizo, pero xa que a cerdeira non e miña nono fixen…ocorreuseme poñerlle un pasquin para que saiba que o buscan … coido que se decatará, é un paxaro moi listo… os merlos que andan a beira da xente seica aprenden a ler de seguida..

(1)Esto lino nun verso de Valentin Lamas Carvajal

Posted in Lembranzas dun neno | 7 Comments »

O SORRISO DA GIOCONDA

Posted by pepe penas o Maio 22, 2006

mona.jpg
Dende que vin o retrato da Gioconda por primeira vez, tiven interese en coñecer cal era a orixe do seu sorriso; alguén dixo que quizais estivera preñada e o sorriso era de felicidade, poida que fora por iso; tamén pode cadrar que a moza estivera a ver algo en Leonardo que lle fixera rir, ou quizais estivera vendo algún rillote que facía mofa do maestro; ou quizais se sentirá moi leda porque un home tan importante estivera a facerlle un retrato para doarlle o seu noivo. De todos e coñecido que o gran Leonardo era un home que sabía moitisimas cousas ( era coma aquelas enciclopedias que tiñamos nas escolas que traian de todo: Xeografia, Historia, Literatura, Matematicas…até falaban duns españois que lle chamaban “roxos”, polo visto eran tan malos que un home que lle chamaban Caudillo fixo unha guerra para botalos de España): era pintor, arquitecto, escribia, inventaba máquinas; coma dician na miña aldea aquel home era o demo; cousa da que non sabìa era porque ainda nona había. Pois ben, andando pola Rede adiante e lendo cousas que se atopan, unhas veces son caralladas e outras semellan ser certas ainda que nono sexan ou nono aparenten; fun bater de fuciños cunha paxina que fala de EXTREME MAKE OVER- CAMBIO RADICAL-; iso do radical deixoume cavilando e doume pé para mergullarme nela e ver de que falaba; o rematar de lela decateime cal era a causa do sorriso da Mona Lisa, ¡ era de ledicia ..fixeran dela unha muller nova! . Ollando a cabeceira deste post de seguida comprendemos a esta boa muller, ai amosase como era antes e dempois de coñecer ao Sr. Leonardo; era unha muller tan feiña tan feiña que daballe vergoña que a mirara a xente; segundo dicía un amigo meu era tan fea que polo visto facía os recados pola noite para non atoparse con ninguén. Don Leonardo amais de saber de todalas ciencias que habia, coñecia dalgunhas outras cousas que a xente non sabía; estaba moi atarefado facendo moitos ensaios, fixera viaxes o pasado e tamén o futuro; vaite que se lembrou que nunha desas viaxes ao fututo estivo nun pais que lle chamaban os EEUU, lembrouse de que ollara CAMBIO RADICAL na TV; sinteu aprecio pola rapaza e tivo o acordo de volver os EEUU e aprender como se facía unha moza guapa dunha moza fea. Volveu a sua Italia, comezou a cavilar na xente que coñecía e lembrou os nomes de coñecidos: médicos, modistos, meigos, meigas, todos aqueles que sabían facer cousas que servían para algo: Chamou a boa da muller e dixolle se queria ser unha moza guapa, a rapaza dixo que si e Don Leonardo, cos seus amigos, puxose a facer o que aprendera nos EEUU; como daquela non había TV o Sr. Da Vinci fixolle un retrato no que saliu con ese sorriso que tanto misterio tivo e ainda ten. Don Leonardo deixou outros bosquexos nos que se poden ollar as caras que Mona Lisa ia poñendo namentras lle facía o retrato.
Se queres coñecer como podía ser de fea a Gioconda antes de pasar por CAMBIO RADICAL preme aqui

Posted in Webs | 3 Comments »

SON UN NENO NORMALIZADO

Posted by pepe penas o Maio 18, 2006

galego.jpg
No Diario de Pontevedra do dia 17, dia das Letras Galegas, veño de ler un artigo asinado por Clara Castilla no que se queixa da morea de galegos que tivo que aprender e falar o longo da sua vida; vense queixando do que lle chaman a normalización; fai cerca duns vinte anos que comezou e non hai xeito de que remate; di que lle custaría moitismo traballo imaxinar a sua nai dicindo “grazas” ou “Galiza”. Eu non tiven a sorte de estudiar galego na escola; o pouco que sei aprendino polas corredoiras de Dorvisou, indo coas vacas para o monte, indo a tornala auga os prados e sobando carros de toxo; daquela os nenos das aldeas aprendiamos o galego coa práctica: aprendiamos a dicir toxo cando nos pinchabamos e tiñamos dor, aprendiamos a dicir fouciño cando iamos coa nosa avoa a herba para as vacas, aprendiamos a dicir porco cando ollabamos como un home lle espetaba un coitelo no peito e botaba sangre coma se fora unha fonte; ¡moito traballiño nos levou aprender todas esas verbas !; a nosa desgracia era que cando iamos a escola: a señora mestra tiña a obriga de “normalizarnos”, as cousas que coñeciamos de todolos días habia que chamarlle con outros nomes, polo visto era coma habia que falar, falar o galego era cousa de labregos, de xente pobre, de burros ; se queriamos ser algo na vida tiñamos que aprender a falar o castelán. Con oito ou nove anos fun para Santiago e ali tiven que seguir “normalizandome”, tiven que aprender mais castelán, non era somentes a mestra a que mo facía aprender, tamén era toda a xente que estaba o meu arredor; se me escapaban cousas en galego, de seguida me chamaban paleto. Cando me poñia ledo era o chegar a miña casa, e os meus pais falabanme como eu quería, como cando era mais pequeno, como se falaba en Dorvisou, como se falaba en Ollares, en Cumeiro; en todos eses sitios onde a xente soamente falaba o castelán cando tiña que tratar cos señoritos. Pasaron os anos, fixenme grande e un día quixen facer a proba de escribir en galego, tiven a ocorrencia de mirar nalguns libros e estiven a piques de tolear: o que nuns se poñia dun xeito noutros poñiase doutro; alguén dixome que me deixara de caralladas e que aprendera o galego normalizado..iso e o que que quixen facer, pero custame moito traballo. Polo visto seica coma disque dicia non sei quen: onde dixen digo, digo Diego. Esta é a segunda vez que me teño que “normalizar”, da primeira non me quedou mais collós ca facelo, desta non sei como seŕa o conto… se os normalizadores se entenden entre eles, quizais poida; se non se entenden uns cos outros terei que falar como falaba antes de que me “normalizaran” a primeira vez.

Posted in Lembranzas dun neno | 9 Comments »

NON E O QUE APARENTA

Posted by pepe penas o Maio 12, 2006

gaivotaparva.jpg
Ista gaivota é un chisco parva…coido que está agardando que desfaga coas patas o que estou a facer co peteiro…Ben sabe Deus que non e así…estou a desfacer co peteiro o que fixen coas patas.

Posted in As fotos falan | 3 Comments »