Costa dos Arrieiros

Pepe Penas lembra Dorvisou, terra..muiños..

SON UN NENO NORMALIZADO

Posted by pepe penas o Maio 18, 2006

galego.jpg
No Diario de Pontevedra do dia 17, dia das Letras Galegas, veño de ler un artigo asinado por Clara Castilla no que se queixa da morea de galegos que tivo que aprender e falar o longo da sua vida; vense queixando do que lle chaman a normalización; fai cerca duns vinte anos que comezou e non hai xeito de que remate; di que lle custaría moitismo traballo imaxinar a sua nai dicindo “grazas” ou “Galiza”. Eu non tiven a sorte de estudiar galego na escola; o pouco que sei aprendino polas corredoiras de Dorvisou, indo coas vacas para o monte, indo a tornala auga os prados e sobando carros de toxo; daquela os nenos das aldeas aprendiamos o galego coa práctica: aprendiamos a dicir toxo cando nos pinchabamos e tiñamos dor, aprendiamos a dicir fouciño cando iamos coa nosa avoa a herba para as vacas, aprendiamos a dicir porco cando ollabamos como un home lle espetaba un coitelo no peito e botaba sangre coma se fora unha fonte; ¡moito traballiño nos levou aprender todas esas verbas !; a nosa desgracia era que cando iamos a escola: a señora mestra tiña a obriga de “normalizarnos”, as cousas que coñeciamos de todolos días habia que chamarlle con outros nomes, polo visto era coma habia que falar, falar o galego era cousa de labregos, de xente pobre, de burros ; se queriamos ser algo na vida tiñamos que aprender a falar o castelán. Con oito ou nove anos fun para Santiago e ali tiven que seguir “normalizandome”, tiven que aprender mais castelán, non era somentes a mestra a que mo facía aprender, tamén era toda a xente que estaba o meu arredor; se me escapaban cousas en galego, de seguida me chamaban paleto. Cando me poñia ledo era o chegar a miña casa, e os meus pais falabanme como eu quería, como cando era mais pequeno, como se falaba en Dorvisou, como se falaba en Ollares, en Cumeiro; en todos eses sitios onde a xente soamente falaba o castelán cando tiña que tratar cos señoritos. Pasaron os anos, fixenme grande e un día quixen facer a proba de escribir en galego, tiven a ocorrencia de mirar nalguns libros e estiven a piques de tolear: o que nuns se poñia dun xeito noutros poñiase doutro; alguén dixome que me deixara de caralladas e que aprendera o galego normalizado..iso e o que que quixen facer, pero custame moito traballo. Polo visto seica coma disque dicia non sei quen: onde dixen digo, digo Diego. Esta é a segunda vez que me teño que “normalizar”, da primeira non me quedou mais collós ca facelo, desta non sei como seŕa o conto… se os normalizadores se entenden entre eles, quizais poida; se non se entenden uns cos outros terei que falar como falaba antes de que me “normalizaran” a primeira vez.

9 Respostas to “SON UN NENO NORMALIZADO”

  1. acedre said

    Isto e coma unha especie de autoservicio que escolles o galego que mais che acaia. O importante e facer como fas ti escribindo para adiante e da millor forma que sabes.
    Un saudo.

  2. Cruzul said

    Concordo contigo, pois nunca remato de normalizarme. Se cadra ese é o camiño.
    Pero tamén é verdade para min, que nalgúns sitios galegos xa me sinto algo estrano, aínda que aparentemente só sexa cousa de grafías.

  3. náufrago said

    O importante é falar o galego. O de menos é, e falo en serio, a normativa. ¿Ou canta xente de aquí, xente galega, sabe de verdade falar castellano normativo?

  4. peke said

    Estou con náufrago. Cantos saben falar castelán normativo? Pois iso.

  5. Ti falas e escribes nun galego marabilloso. Polo menos eu enténdoo do mesmo xeito que cando o escoitei por primeira vez en boca dos meus pais. Grazas a todos aqueles galegos que chegaron a estas terras aprendín a falar algo e tamén a comprender as obras dalgúns galegos ilustres.

    O meu galego, o pouco que aprendín de neno, ía de Cruces a Cumeiro, pasando por Arnego. Hoxe falo e escribo o castelán como o aprendín na escola, onde me especialicei en Letras. Hoxe o galego está de moda e xa non é cousa de burros, paletos ou labregos. Non por andar coas vacas fálase galego, que xa se fala na Universidade, pero grazas a Costa dos Arrieiros meu aprendizaxe será completo.

    O teu galego, normalizado, debese categorizar ISO 9002!

  6. maray furnari said

    Pepe, não sou galega, nem conheço (infelizmente) tua terra. Mas entendo bem o que escreves. A língua é uma coisa viva, está sempre mudando. Quiçá chegue o dia em que todos falemos a mesma ( estamos quase lá, com o inglês dominando tudo). Mas muito mais importante que a língua das palavras, é a língua do coração. Essa que faz com que eu te entenda ( pelo muito que quero entender) e que você também me entenda, apesar do muito de regionalismo que uso e do tanto que meu brasileiro é distinto do português dos teus vizinhos.
    Nem a língua, nem a cor, nem o dinheiro, nem a religião podem dividir as pessoas. E nem o sexo!🙂

  7. Estou moi dacordo con naufrago e peke.
    Unha aperta.😉

  8. Sole said

    ….y no te haces una idea el cacao que tenemos los de fuera que estamos aprendiendolo. Una cosa es lo que hablo con mis suegros y mi hombre y otra muy distinta la que la profe me exige.
    Por eso ahora,”echo pa`lante ” normalizada o no.
    Ahhhh,sabes que estan eligiendo la palabra mas fea del gallego y por ahora lidera grazas?

  9. Muralla said

    Leñe, a min pásame o mismo, Pepiño…
    Bicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

 
%d bloggers like this: